Elevada mortandade de gaivotas entre A Coruña e Arteixo

IMG_0127Tras a alerta de varios socios da comarca coruñesa, A Sociedade Galega de Ornitoloxía e o Grupo Naturalista Hábitat puxeron en coñecemento das autoridades autonómicas e locais o achádego dende hai varios días de exemplares de gaivota patiamarela Larus michahellis mortos e enfermos. Contabilizáronse mais de 50 cadáveres só na parte visible dende terra das Illas de San Pedro, durmidoiro habitual da especie, detectándose ademais un número indeterminado de exemplares ao longo doutros tramos de costa do contorno.

.

NOTA DE PRENSA

Elevada mortandade de gaivotas entre A Coruña e Arteixo

Ata 56 exemplares contabilizáronse mortos esta tarde en zona visible dende terra das Illas de San Pedro (A Coruña, 16 de octubre de 2014)

A Sociedade Galega de Ornitoloxía e o Grupo Naturalista Hábitat, alertados polos seus socios en A Coruña e o seu entorno inmediato, puxeron nas últimas horas en coñecemento das autoridades autonómicas e locais o achádego dende hai varios días de exemplares de gaivota patiamarela Larus michahellis mortos e enfermos.

Esta mesma tarde varios ornitólogos contabilizaron nas Illas de San Pedro (A Coruña) 56 cadáveres só na parte visible dende terra das Illas de San Pedro, durmidoiro habitual da especie. Téñense detectado ademais un número indeterminado de exemplares ao longo doutros tramos de costa do contorno.

A causa da morte non pode achacarse ao temporal destes días, xa que as aves se atópanse deitadas nas zonas que empregan para repousar.

Dende a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia informouse á SGO de que varias gaivotas mais ingresaron no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz (Oleiros), e que se vai proceder á súa análise para coñecer a causa desta mortandade, a fin de determinar si é natural ou causada por calquera axente introducido no seu medio ou áreas de alimentación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s