Proxecto Ríos presentou o Manual de Custodia Fluvial

Manual-custodia-PRO Manual de Custodia Fluvial pretende ser un documento de referenza no que se traten todas as cuestións ligadas á participación cidadá no coidado e seguemento dos ecosistemas fluviais.

No documento propóñense diversas estratexias para desenvolver iniciativas de estudo, recuperación e mellora dos nosos ríos. O Manual de Custodia Fluvial convértese, xa que logo, nunha ferramenta útil para promover actividades de custodia do territorio.

Está dirixido a todas aquelas persoas e entidades que teñan interese en participar de forma activa na protección, conservación e mellora dos ríos e zonas húmidas. Outro motivo desta publicación ten que ver co feito de que, dentro dos niveis de participación do voluntariado no Proxecto Ríos, está contemplada a posibilidade de adquirir un nivel maior de compromiso que permita realizar accións concretas de mellora no treito de río escollido.

O Manual de Custodia Fluvial está dispoñible para a súa descarga en liña na seguinte ligazón: Manual de Custodia Fluvial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s