Os escolares de Allariz aprenden a separar os residuos para reciclar

???????????????????????????????Este martes 21 de outubro celebramos en Allariz a primeira xornada sobre a separación selectiva e compostaxe  dentro do marco do “Convenio de colaboración entre ADEGA e o concello para o desenvolvemento dun proxecto de recollida separada de residuos orgánicos e a súa compostaxe de experimentación ambiental”

Esta primeira xornada tivo lugar no CEIP Padre Feijoo, durante toda a mañá o alumnado do segundo e terceiro ciclo de primaria participaron en diferentes actividades; como o xogo da separación do lixo, olimpíadas con material de refugallo, ao longo da mañá entre todos os grupos elaboraron unha exposición para o colexio onde se explica que residuos van a cada contedor. Tamén instalamos un composteiro no patio, e acompañado da exposición de ADEGA sobre a compostaxe, explicamos o seu funcionamento. A partir de agora os residuos orgánicos das merendas e parte dos do comedor irán ao composteiro do patio acompañados da herba e follas das árbores. Entre alumnado e profesorado encargaranse de manter o composteiro nas condicións axeitadas, co compost obtido manifestaron a idea de facer un pequeno horto, deste xeito péchase o ciclo da materia orgánica no propio centro.

O obxectivo desta actividade é que a comunidade escolar sexa consciente da cantidade de residuos que producimos, como os podemos reducir e en que contedor debemos botar cada residuo para facilitar a reciclaxe.

En xeral, os escolares participaron moi animados en todas as actividades, mostrando preocupación pola contaminación ocasionada da mala xestión dos residuos e comprometéndose a separar para reciclar na casa e coidar do composteiro no colexio Nesta actividade tamén participou persoal  da fundación O Rexo a cal agradecemos a súa colaboración.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s