Salvar as fragas de Catasós

foto_catasós_1No pasado domingo 25 de xaneiro, Verdegaia colaborou na realización dun roteiro por este conxunto de fragas situadas no concello de Lalín. Máis de 300 persoas camiñamos para coñecer este espazo de simbiose entre hábitat rural e natureza, hoxe ameazado polo proxecto dun tendido eléctrico da empresa Gas Natural – Fenosa. Actualmente esta obra está paralizada, mais ten todos os trámites precisos para poder comezar en calquera momento.

O temor é que esta paralización teña máis relación co período electoral no que nos atopamos que cunha intención real de modificalo. O único que pide a plataforma Salvemos Catasós é que en lugar de talar ducias de árbores e facer un novo corte neste ecosistema, a empresa aproveite o trazado da estrada nacional a Ourense, que pasa xusto por esta zona, para soterrar a liña. A negativa a isto é só económica, pois sería unha opción viable e ambientalmente moito máis positiva. É un caso claro de como empresas e administracións non actúan baixo criterios de sustentabilidade e respecto á natureza, por máis que logo enchan a boca de discursos e publicidade que di o contrario. Agardamos que a presión veciñal teña efecto e consiga manter esta fraga a salvo e conservala para o futuro.

verdegaia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s