A Consellería de Medio Ambiente propón unha multa polo verquido de sosa caústica no río Tea de máis de 200.000 euros.

ADENCO ten denunciado este atentado e proposto ás administracións e colectivos sociais a creación dun grupo de traballo a prol da recuperación integral da conca do río Tea.

2014_8_4_6PTFplkgdvyrAsLvgGpie
O expediente sancionador iniciado polo verquido de 3.300 litros de sosa caústica no Lugar de Importancia Comunitaria Río Tea do que ADENCO é parte interesada, continúa a súa tramitación. En datas recentes, a Consellería de Medio Ambiente ten proposto, dada a gravidade da actuación investigada, unha multa de 202.681,25 euros á empresa Augas de Mondariz polo devandito verquido.
.
Os desgraciados feitos aconteceron no mes de agosto pasado e provocaron a mortandade de case 15.500 peixes ao longo dun tramo de 3.200 metros de cauce do río nun espazo que conta con importantes valores ambientais que propiciaron a súa inclusión dentro da Rede Natura 2000.
.
O verquido producido no río Tea supuxo un novo atentado ao espazo protexido que se suma aos impactos provocados polas sendas fluviais, aos constantes verquidos de augas fecais ou industriais, ás construcións agresivas nas beiras, á destrución do patrimonio á beira do Tea (como no caso do castro da Croa ou a Ponte dos Remedios), etc.
h
A situación do río Tea comeza a ser insostible. É por iso que desde o grupo ecoloxista ADENCO reitérase a proposta da creación dun grupo de traballo a prol da recuperación integral da conca do río Tea, aberta á participación de todos os colectivos que o consideren (administracións implicadas, partidos políticos, sindicatos, asociacións de veciños e veciñas, colectivos de pescadores, asociacións turísticas, empresas, grupos ambientalistas, etc). Fai uns meses que ADENCO ten trasladado ás Administracións con competencias no río Tea a necesidade da creación deste grupo de traballo tendo xa sido aprobada no seu momento polo pleno do concello do Covelo sen que se teña recibido resposta das outras administracións implicadas.
,
ADENCO continuará traballando activamente na defensa dos espazos naturais do Condado e na conservación dos valores ambientais e patrimoniais da riqueza natural coa que contamos, entre a que destaca o río Tea, auténtico eixo vertebrador da nosa Comarca e xoia natural do sur de Galicia.
adenco

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s