CoruñAves 2015: 31 de xaneiro

Maraton Ornitoloxica_corunaves_2015_1Xa está aquí CoruñAves 2015, a VI edición da maratón ornitolóxica no Concello da Coruña organizada polo Grupo Naturalista Hábitat, co apoio do Concello da Coruña e de Foto Artús.

Esta actividade lúdica consiste en ver por equipos o maior número de especies de aves posible dentro do municipio da Coruña, utilizando material óptico (prismáticos/telescopio) e procurando empregar medios de transporte respectuosos co entorno (bus urbano, bicicleta ou a pé).

Terá lugar o sábado 31 de xaneiro, e o prazo de inscrición está aberto ata o xoves 29 de xaneiro, inclusive.

Quedarase no local de Hábitat, na rúa Camariñas 8, baixo ás 9 da mañá. O prazo para ver aves será ata as 13.30 h, momento no que haberá que presentarse no local para facer o reconto de especies e declarar o equipo gañador, que levará un pequeno agasallo. É moi importante chegar puntual, xa que un retraso supón a descalificación. 

Podes consultar aquí as bases completas (PDF) e o cartaz do evento (PDF).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s