Estrea do documental “Tesouro de Corcoesto” en Bergantiños

O documental, que relata o conflito entorno á mina de ouro en Corcoesto, presentarase ó público o próximo 7 de febreiro no Pazo da Cultura de Carballo (A Coruña).

logopequeO proxecto dunha mina a ceo aberto, que a empresa canadiana Edgewater Exploration pretendía instalar na comarca de Bergantiños, convulsionou á sociedade galega e situou á pequena localidade de Corcoesto no mapa mundial de conflitos ambientais. A sociedade bergantiñán, duramente afectada pola crise, debateuse entón entre as promesas chegadas dende un modelo produtivo-extractivista e o rexeitamento a un proxecto que ameazaba a calidade ambiental do territorio e o seu sistema de vida tradicional.

A polémica atraeu a atención de moitos observadores, entre eles a da directora galega Cora Peña, nome asociado ó documental Apash, los de fuera, un traballo de temática paralela, no que se narraban os impactos da industria extractiva na zona xíbara da Amazonía peruana. Nun escenario máis próximo, e tamén de grande beleza, como a Costa da Morte, a directora repite esquema e ofrece a súa cámara á cidadanía, para relatar temores e resistencias ante o asalto do territorio por parte de empresas multinacionais.

Por mor do controvertido da temática, e para garantir unha mirada e realización independente, a produción do documental apostou por unha financiación alternativa, mediante crowdfunding, acadando o apoio de máis de 180 financeiros, entre persoas e colectivos, que decidiron apoiar, de xeito desinteresado, outra maneira de facer cine.

Tras case dous anos de traballo, Tesouro de Corcoesto está finalizado, e estrearase o próximo 7 de febreiro na localidade de Carballo (A Coruña), capital da comarca protagonista na película. Aquí daranse cita entrevistados, mecenas e colaboradores, nun encontro que selará un proxecto audiovisual de marcado carácter social, o que marcará, sen dúbida, o coloquio que terá lugar trala proxección.

Para acudir ó evento é imprescindible invitación persoal. Debido ó gran número de participantes, dende a organización xa se prevé colgar o cartel de “completo”. Pero este tan só será o primeiro de moitos outros pases dun documental que nace con vocación de máxima difusión e baixo o selo de Creative Commons.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s