Un circo instalado en Mos mantén leóns a 2ºC

Circus_Kaos_CartelEsta semana atopamos máis un exemplo de maltrato animal, desta feita nas instalacións do Cirkus Kaos instalado no concello de Mos. A pesar de contar con un repertorio variado de malabaristas e pallasos, é un dos circos que se resiste a abandonar a utilización de animais. Animais forzados a vivir en condicións aberrantes para á súa natureza e adestrados para desenvolver actividades antinaturais para lecer dos humanos. O caso dos leóns é paradigmático, en lugar de estar na sabana africana terán que soportar en gaiolas minúsculas as xélidas noites desta semana.

As administracións locais, detentoras da potestade para conceder aos circos a autorización de instalación, deben recapacitar sobre as eventuais vantaxes da realización deste tipo de exhibicións no territorio que administran. Os cativos, que son xeralmente o público maioritario, reciben unha versión terxiversada e falsa dos animais, resultando de todo anti pedagóxico. Moi distante dunha educación ambiental que ensine a observar, comprender, respectar e amar as demais formas de vida.

Os animais non-humanos son seres vivos con necesidades, sentimentos e capacidade de sufrimento, non obxectos para o noso uso e divertimento. Mais certos sectores da sociedade néganse a aceptar que son seres dotados de sensibilidade non só física senón tamén psíquica.

Verdegaia entende que a sociedade non ten dereito a facer sufrir innecesariamente a outros seres vivos e urxe o recoñecemento de determinados dereitos a todos os animais non-humanos. Deste modo vimos de presentar, no rexistro do concello de Mos, unha proposta de moción para que a vila se declare “Vila amiga dos animais” e non volva a promover nin apoiar circos que utilicen animais.

verdegaia

Un comentario en “Un circo instalado en Mos mantén leóns a 2ºC

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s