Acto de entrega de premios do II Certame de Debuxo da Natureza

Cartaz_Promoción ActoO vindeiro mércores 25 de febreiro ás 20:30h, na sala de exposicións da Casa da Auga (A Coruña), terá lugar o acto de entrega de premios do II Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”, organizado polo G.N.Hábitat da man de Emalcsa.

Ao evento acudirán representantes das entidades organizadoras e promotoras desta iniciativa, así como do Concello da Coruña, da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e do eido da ilustración da natureza, os que se encargarán da entrega dos premios e diplomas aos diferentes gañadores nesta convocatoria.

Dado o carácter público deste acto, poderá asistir todo aquel que o desexe. Así todo, dende o G.N.Hábitat queremos animar especialmente a todos os participantes (premiados ou non) nesta II edición do Certame de Debuxo, e que fixeron desta iniciativa un éxito de participación.

Por cuestións de cabida, e para facilitar a organización do acto, pregamos en todo caso confirmación de asistencia por teléfono (981 135 014) ou e-mail (gnhabitat@yahoo.es).

Non deixedes de ir a gozar da exposición das obras, que aínda se atopa aberta ao público na Casa da Auga!

Consulta os gañadores e obras premiadas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s