Entroido reivindicativo en Laza

A delegación ADEGA Monterrei Salvemos o Támega realizou o pasado martes un acto reivindicativo no entroido máis antigo de Galiza.

Decenas de persoas sumáronse a esta manifestación polas rúas de Laza cunha faixa que dicía unha vez máis “Salvemos o Támega”. A delegación ADEGA-Monterrei alegou deste xeito, a necesidade de conservar este río pertencente a rede Natura 2000 e que nos últimos meses está a sufrir numerosos vertidos por mor das obras do AVE. Moitas das persoas que participaron nesta acción vestían fundas brancas e mascarillas lembrando a toxicidade destes vertidos, e os metales pesados atopados no leito do Támega nas últimas análises.
10891435_10205071017568022_8931679957921546603_n

Ademáis, o tradicional Testamento do Burro do Entroido Lazano, lembrou este ano a catástrofe ambiental do río Támega coas seguintes verbas:

Cando vou pasar alá arriba
xa non paseo contento
o meu río viña limpo
agora baixa merdento.
Como contarlle ós fillos
que da Veiga ó Ferradal
que a auga fluia limpa
tan limpa como o cristal.
Hoxe choran as silveiras
vendo o Támega pasar
nós calados porque
acaso olvidousenos chorar?
Xa o decia Rosalía e
nunca fixemos caso
deixounos nesa cantiga
a crónica dun fracaso:
adeus ríos
adeus fontes
adeus regatos pequenos
adeus Támega querido
non sei cando nos veremos.
A auga en calma da Carballa,
que nunca facían mal
a luz do Regueiro seco
e a maxia do Ferradal.
A auga fría da Fontiña
que che adormecía a orella
o sol da Ponte da Veiga
e as Meigas da Pontevella.
O AVE pasará sen vernos
de camiño pra Madrid
pero non vos esquezades
de que nós quedamos aquí.
os catro ferros con rodas
de que che poden valen
se che envenenan a auga
morto que vas a ver.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s