O CES gaña a demanda pola urbanización do Monte do Fraro en Sanxenxo

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) acaba de recibir a notificación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se estima a nosa demanda e declárase a NULIDADE do Acordo do Pleno do Concello de Sanxenxo polo que se procede á Aprobación Definitiva do Plan Parcial do solo urbanizable nº 14 (SU-14) en Monte Faro o 28 de xullo de 2009.

A demanda presentada polo CES o 21 de abril de 2010 foi unha contencioso administrativa.

MONTE FARO SU14 /O Plan Parcial do SU-14 pretendía transformar o cumio do Monte Faro e das súas ladeiras forestais en zona urbanizable para 1.302 vivendas unifamiliares e os seus vales se tornarán nun “Parque Natural” cun equipamento educativo-cultural. Para levala a cabo o Concello de Sanxenxo ratificou en 2009 un convenio urbanístico coa empresa Mirador de Sanxenxo S.L.

O CES presentou as alegacións no 2008 a este Plan Parcial e ao seu Informe de Sostibilidade Ambiental, considerando o Plan moi impreciso nos datos de consumo de solo, da necesidade social de novas vivendas (como xustificaron o proxecto), nos datos de consumo de auga e a súa depuración… Tamén parecíanos moi imprecisos as actuacións para mitigar o impacto paisaxístico da urbanización (non debemos esquecernos de que se trata da cota máis alta do sector oriental do concello), nin na reducción de consumo enerxético, nin propoñía actuacións realistas fronte ao aumento do uso do transporte privado. Ningunha destas alegacións foron admitidas polo Concello.

O CES veu motivos de demanda ante o feito sospeitoso de que o novo goberno entrante en 2010 na Xunta modificara sen a xustificación suficiente o informe da Memoria Ambiental (documento daquela vinculante que emitiu a Consellería de Medio Ambiente), que o goberno anterior redactara resultando negativo á urbanización da parcela nos termos que figuraban no Plan Parcial presentado.

A sentencia estima que “o plan parcial non da cumprimento ás determinacións vinculantes da Memoria Ambiental” no que se refire ás medidas de integración na paisaxe.
Os promotores da urbanización daban un valor baixo ao impacto sobre a paisaxe da urbanización dos cumios e das ladeiras leste e oriental do monte do Faro, manexando ao seu albedrío os criterios técnicos de afectación á paisaxe, xustificándoo con frases coma: “el hecho de las zonas residenciales sean visibles desde algunos puntos no tiene que constituir un efecto negativo sobre el paisaje…”.

Ao respecto, a propia sentencia recolle que: …”a homoxenización da edificación, que é unha das causas á que a Memoria atribúe a afectación negativa á integración na paisaxe, solventarase con pequenos elementos ornamentais ou a incorporación de acabados e cores que axuden á súa integración. Pero sobre as outras causas (distribución en fila das vivendas, sen fragmentación) o que fai –o plan parcial- é negar o efecto negativo que a Memoria considera que se producirá”. Esta simple negación dos efectos na paisaxe, sen nen tan sequera presentar modificacións nin melloras como así o pedía a Memoria, foi o que dou pe ao T.S.X a estimar a demanda do CES.

O CES buscou na xustiza que velara polo cumprimento da lei de protección ambiental e paisaxística no que se refire á xestión urbanística e do territorio, cando tras ter esgotado a vía administrativa e intentar facerlles ver aos nosos gobernantes o incumprimento das leis que eles mesmos aproban. Por iso non é de estranar que unha das cousas que con máis rapidez se modificou unha vez formado o actual goberno da Xunta foi a lei 6/2007 de Avaliación Ambiental para que as Memorias Ambientais deixaran de ser documentos vinculantes e convertelos en papeis mollados, facilitando así o urbanismo irracional.

A directiva do CES pensa en organizar unha actividade festiva e de divulgación dos valores do Monte do Faro para celebrar a paralización desta urbanización.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s