Actividade de restauración ambiental na barreira de Orbenlle dentro do LIC Gándaras de Budiño (O Porriño)

Dentro do traballo medioambiental que a SGHN, AHE e Verdegaia veñen desenrolando no espazo natural Gándaras de Budiño e Ribeiras do río Louro, o domingo 8 de febreiro de 2015 tivo lugar unha actividade de voluntariado ambiental dentro do LIC.

gandaras3

O motivo desta actuación foi contribuir a acadar dous dos obxectivos xerais de conservación para a Rede Natura 2000 o os obxetivos para as zonas especiais de conservación e lugares de importancia comunitária recollidos no Plano Director da Rede Natura 2000 de Galicia:

  • Garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e de fauna e flora silvestres
  • Manter e restablecer o estado de conservación favorable dos hábitats naturais das especies de interese comunitario

As chamadas “barreiras” son antigas minas de barro e arxilas que foron abandoadas polo cese da explotación. Os buratos excavados, ó non haber intervención humana, co tempo fóronse naturalizando e actualmente moitas barreiras son verdadeiras charcas de orixe antrópico que teñen importantes valores ecolóxicos e albergan unha grande biodiversidade.

Destacan as poboacións de varias especies moi ameazadas e cunha área de distribución moi restrinxida en Galicia como o sapoconcho común (Emys orbicularis) ou o charneco (Anas crecca) que atopa nas Ribeiras do Louro o seu único punto de cría regular na Península Ibérica.

O plan de traballo foi realizar unha limpeza manual por un grupo de voluntarios para a retirada dos abundantes residuos acumulados nas beiras da barreira de Orbenlle. Ademais, realizouse a restauración dun panel informativo e unha valoración do estado do hábitat protexido.

Coa autorización expedida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta e o acordo do propietario da concesión mineira, nove voluntarios limparon residuos sólidos de forma manual con luvas e bolsas plásticas, e ó realizar a entrada a pé na barreira respectaron ó máximo a conservación do hábitat prioritario.

Como resultado retiráronse dezaoito sacos de lixo formado por plásticos, metais, vidro e varios anacos de residuos sólidos grandes. Detectáronse tres puntos de verquido de entullos de obra e residuos sólidos urbanos nas beiras adxacentes á estrada que bordea a barreira, que danan gravemente o ecosistema e son unha fonte de contaminación das augas. Solicitarase vixiancia e a colocación de carteis nos puntos de verquido á Consellería de Medio Ambiente da Xunta.

Un comentario en “Actividade de restauración ambiental na barreira de Orbenlle dentro do LIC Gándaras de Budiño (O Porriño)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s