Plantacións de pirófitas en Rede Natura ameazan a especies en perigo de extinción

Pinheiros-SilSe a semana pasada denunciabamos unha plantación ilegal de eucaliptos, previa tala de bosque autóctono na RN2000 do ZEC Xubia-castro, desta volta tócalle ao ZEC Canón do Sil. No concello de Parada de Sil, ao O do lugar de Caxide e ao longo de estrada de Parada a Luintra (referenza catastral da parcela 32058A00200252) estase a realizar unha plantación de piñeiros dentro do ZEC Canón do Sil (ES1120014) con afectación aos hábitats comunitarios Breixeiras sexas europeas (cód. Hábitat CE 4030) e Carballeiras galaico-portuguesas (9230).

Atendendo ao Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galiza e se aproba o Plano director da Rede Natura 2000, as actividades denunciadas están suxeitas a autorización por parte da D. X. de conservación da Natureza, xa qu poden significar un deterioro importante dos hábitats e valores naturais destes espazos protexidos. A este respeito, mesmo Plano Director establece:

Artigo 45. Matogueiras e medios rochosos

5. Actuacións que poden afectar de forma apreciable o estado de conservación dos hábitats de interese comunitario.
a) Os cambios de uso que afecten de forma apreciable a estrutura, funcionamento e composición taxonómica das matogueiras e medios rochosos, ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

i) As repoboacións forestais que poidan xerar unha afección apreciable sobre a integridade do espazo natural, sobre a estrutura, funcionamento e composición taxonómica dos ecosistemas naturais de matogueiras e medios rochosos ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, incluíndo especialmente a forestación con espécimes alóctonos.
j) As rozas e outros labores mecánicos, así como o uso do lume nos hábitats arbustivos, que causen unha modificación da súa estrutura, composición ou funcionamento, e que en consecuencia afecten de forma apreciable o seu estado de conservación, así como as poboacións das especies de interese para a conservación presentes nos hábitats arbustivos.
k) As rozas ou labores mecánicos, así como os subsolados en liña de máxima pendente, cando poidan xerar un incremento significativo da erosión do solo.
       
l) A compactación, erosión e perda da estrutura dos hábitats e dos núcleos poboacionais das especies de interese para a conservación, derivadas dun uso non axeitado de vehículos ou maquinaria.

Artigo 57. Usos forestais

e) Coa finalidade de asegurar o uso sustentable dos recursos naturais e o propio mantemento das explotacións forestais, considéranse sometidas a autorización preceptiva do órgano autonómico competente en materia de conservación da natureza as seguintes:
1ª) As forestacións ou reforestacións sobre terreos que leven rasos máis de 15 anos, de especies autóctonas ou de especies do xénero Pinus (Pinus pinea, Pinus pinaster, Pinus sylvestris) que non supoñan unha afección apreciable sobre os hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

2ª) A introdución, plantación ou sementeira de especies exóticas que non supoñan unha afección apreciable sobre os hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

Alteración do hábitat da aguia real (en perigo de extinción)

A plantación denunciada, alén de afectar á superficie e hábitats referidos anteriormente dentro do ZEC Canón do Sil (ES1120014), realízase tamén dentro dunha área prioritaria de reprodución, de alimentación, dispersión e concentración local das especies de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, quer neste caso da aguia real (Aquila chrysaëtos), considerada en preigo de extinción.

Estas áreas prioritarias para as aves ameazadas foron declaradas mediante Resolución do 28 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DOG 242 de 21 de decembro de 2011).

Por outra banda, o documento técnico preliminar do Plano de recuperación da aguia real (redactado dende hai máis de 7 anos e aínda sen aprobar), incica que no Canón do Sil existe un núcleo reprodutor. As recomendacións de manexo para favorecer a conservación e recuperación desta especie, son a preservación dos lugares de nidificación a salvo de perturbacións antrópicas, a mellora da dispoñibilidade de recursos tróficos, e a eliminación de risco potenciais. Como ameazas para a conservación desta especie en perigo de extinción, apóntase tamén a degradación do seu hábitat polo cambios de usos, como as forestacións en áreas de campeo e nidificación. Como queira que a actividade denunciada atópase na área de campeo dos exemplares residentes nos Canóns do Sil e a pouca distancia dos cantís nos que se ten constatado a súa cría, entendemos que resulta incompatíbel cos obxectivos de conservación e recuperación desta especie.

Cunha man, a Xunta inviste na recuperación desta especie emblemática, mentres que coa outra tolera ou autoriza accións que comprometen a súa conservación: plantacións masivas no territorio de cría e campeo ou heliportos turísticos nos mesmos Canóns do Si.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s