O Grupo Ecoloxista ADENCO mostra a súa preocupación polos lumes forestais dos últimos días na Comarca

1427225815054-001Nos últimos días centos de hectáreas de monte na Comarca do Condado foron arrasadas por varios lumes forestais, destacando o que afectou ás parroquias de Padróns, Ribadetea e Xinzo no concello de Ponteareas, onde se queimaron, cando, menos 371 Hectáreas.

Desde a Asociación para a Defensa da Natureza do Condado considérase como un auténtico atentado ecolóxico os lumes forestais padecidos nos últimos días nos montes do Condado. Desde a Asociación ecoloxista quérese transmitir a enorme preocupación pola vaga de lumes forestais e polas terribles consecuencias ambientais que experimentaron as áreas afectadas. Os lumes forestais supoñen un merma de biodiversidade, afectando ao solo fértil e a recursos tan relevantes como a auga.

ADENCO lembra que os montes afectados polo lume xa padeceran varios incendios forestais nas últimas décadas polo que a suma de continuos lumes pode provocar perdas irreparables no medio ambiente e no patrimonio existente nestes espazos.

O Grupo Ecoloxista considera que para poder atallar a praga dos lumes forestais é preciso desenvolver un conxunto de accións concretas. Resulta necesario a realización de iniciativas que incrementen a sensibilización ambiental polo mantemento do monte e do medio ambiente en xeral, mais tamén é preciso un cambio profundo dos modelos de xestión do monte, substituíndo paulatinamente dos nosos montes os monocultivos forestais e as especies alóctonas e pirófitas de crecemento rápido, como o eucalipto, por especies autóctonas de frondosas como os carballos, os castiñeiros ou os bidueiros que poden exercer de cortalumes naturais, proporcionando madeira de calidade e mesmo froitos, fomentando tamén a biodiversidade natural.

No mesmo senso, para loitar contra os lumes forestais e incrementar a prevención dos mesmos, resulta fundamental avanzar na multifuncionalidade do monte, mediante a formación dos propietarios forestais e cunha aposta firme polas frondosas e a diversificación de cultivos, avanzando na posta en marcha de novos aproveitamentos sustentables como os micolóxicos, os apícolas, os vinculados cos froitos do bosque, as castañas, os agroturísticos, etc.

Desde o Grupo Ecoloxista ADENCO trasladaranse aos grupos políticos da Comarca nos vindeiros días iniciativas concretas para avanzar na sustentabilidade e na multifuncionalidade dos montes da Comarca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s