SermosADEGA xa está na rúa!

SermosADEGA

Esta semana nace SermosADEGA, un caderno que acompañará ao semanario en papel Sermos Galiza e que achegará periodicamente información de actualidade sobre cuestións medioambientais.

Trátase dun proxecto en parcería con Sermos Galiza que abrangue temas de actualidade medioambiental e da actividade de ADEGA, quen se encarrega de seleccionar os contidos.

ADEGA sempre prestou atención á divulgación através da revista Cerna, que actualmente é electrónica, e dun anuario en papel. Mais con este proxecto queremos reforzar ese traballo e cubrir tamén ese oco de información ambiental que a imprensa tradicional non está a cubrir.

Neste primeiro número do suplemento o tema central xira arredor da campaña Cousa de Raíces, unha iniciativa de ADEGA na defensa do monte autóctono galego caducifolio. Aliás, inclúe varios artigos de autor, unha sección con novas de actualidade e unha entrevista, desta volta cos Presidenta de ADEGA Virxinia Rodríguez. Esta estrutura é a que manterán os sucesivos números.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s