Roteiros pola Torre

MascatosO Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, ofrece a residentes e turistas visitas guiadas polo contorno da Torre de Hércules e Punta Herminia.

A actividade consiste nun traxecto circular a pé dunhas 2 horas de duración, que percorrerá os sendeiros do cabo ata Punta Herminia. Durante o traxecto, os guías explicarán as especies que se poden observar, os valores naturais da zona e as ameazas ás que se ve sometida, ademais de atender ás consultas que os participantes desexen formular.

.

Os roteiros desenvolveranse o último domingo de cada mes pola mañá en dúas quendas: unha as 10:00 e outra as 12:00. Actualmente quedan prazas o 26 de xullo ás 10 h, e o 30 de agosto, 25 de outubro, 29 de novembro e 27 de decembro en calquera das dúas quendas. Estas datas poderán modificarse en función das condicións meteorolóxicas, e avisarase aos interesados dos posibles cambios.

A asistencia é de balde, grazas ao patrocinio do Concello da Coruña, e está aberta a todos os públicos, se ben os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. Para participar só será necesario enviar un email a gnhabitat@yahoo.es co asunto “ROTEIROS”, indicando os datos completos do/s participantes (nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto de todos os asistentes), así como a data e quenda na que se quere asistir.

Posto que os grupos son reducidos (máximo 15 persoas), aceptaranse inscricións por orde segundo a data de recepción do email, ata completar o total de asistentes. Unha vez completo cada grupo, as solicitudes pasarán a lista de espera por se houbese baixas. Para calquera cambio ou cancelación, prégase comunicación o antes posible por email.

Tríptico sobre roteiros (PDF)

Vídeo promocional (Youtube), realizado por Edítalos

Máis información


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s