A compostaxe comunitaria avanza en Monforte e na UDC

11154674_736537536464411_7446537778248423481_oEste sábado fixemos unha actividade na área de compostaxe de Monforte. Presentamos este proxecto á veciñanza da Pinguela que pouco a pouco comezan a botar os restos orgánicos neste composteiro comunitario.  A pinguela é unha urbanización de Monforte conformada por catro bloques de edificios, unhas 72 vivendas en total,  rodeadas de zona  axardinada. Unha vez aprobado o proxecto pola asociación de veciñ@s , procedemos á instalación de dúas  casetas de compostaxe, cunha capacidade aproximada para 40 familias cada unha. O sábado 18 de abril ás 17h xuntamos a veciñanza arredor da área de compostaxe para comprobar e explicar o funcionamento ás persoas novas interesadas. Este é un proxecto voluntario e pouco a pouco a xente vaise animando a compostar os seus restos orgánicos. Neste primeiro mes botouse herba do xardín e aproximadamente 6 familias están a botar os restos orgánicos diariamente. A esta xuntanza asistiron persoas novas interesadas no proxecto que se incorporarán á compostaxe. Na revisión puidemos constatar que a separación é moi boa, non atopamos impropios a humidade é correcta e a masa de residuos alcanzaba unha temperatura de 66 graos. A esta xuntanza asistiu a concelleira Rosa Ana e o técnico  de medio ambiente.

A compostaxe na UDC

Na Universidade, o luns 20 tivemos un curso sobre a compostaxe teórico práctico no campus de Oza organizado pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) para capacitar a persoal bolseiro e demais persoas interesadas nos coidados do composteiro. A OMA xa ten instaladas catro áreas de compostaxe comunitaria que recollen os restos orgánicos de cinco comedores universitarios.  Estas áreas de compostaxe son; no campus da Zapateira a área de Filoloxía e a área da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT) que tamén asume os restos da facultade de Ciencias, no Campus de Oza a área de Ciencias da Saúde e esta semana instalouse no Campus de  Elviña a área de Ciencias da Educación.

As áreas de compostaxe compóñense de varios composteiros e un big bag de estruturante procedente das podas realizadas no Campus.  O persoal dos comedores depositan alí  os restos orgánicos procedentes do comedor e persoal da OMA e de ADEGA encárganse de remexer e manter os composteiros en perfectas condicións para que o proceso da compostaxe sexa correcto. Unha vez conseguido o compost este é devolto en forma de fertilizante ao propio campus ou ás hortas comunitarias da Universidade.

O persoal bolseiro de Green- campus fixeron unha pequena horta na área de compostaxe de EUAT, para pechar o ciclo da materia orgánica,  onde xa están medrando as leitugas, porros, repolos e amorodos. Unha vez máis queremos agradecer a colaboración dos comedores de Filoloxía, EUAT, Ciencias, Ciencias da Saúde e Ciencias da Educación pola súa implicación neste proxecto e por queres xestionar os seus residuos orgánicos dun xeito alternativo e ecolóxico.

Máis información: compostaxe@adega.gal

María R. lafuente: 981 57 00 99/ 628 378 804

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s