Toma nota, para maio de 2015…

Garlic_Rudiger-Wolk_Munster_WikiCOs colectivos A Xuntanza, Verdegaia e Amarante Setem, que vimos de organizar durante varios anos consecutivos o ciclo de cinema documental “Coñecer para cambiar”, decidimos xa no ano pasado reorientar a nosa programación cara un novo formato onde queremos pór o foco na participación cidadá.

Xurdiu así o “RevoltAllo audiovisual”, que non é un típico ciclo de cinema documental, senón un espazo para o encontro do audiovisual cun público que deixa de ser suxeito pasivo para seren tamén partícipe activo e mesmo creador do seu propio discurso.

Desta volta enfocamos o noso esforzo na formación, dirixida a persoas e colectivos que dalgún modo teñen relación co activismo social, cultural e/ou ambiental. Para iso contamos coas compañeiras da Illa Bufarda, que achegarán cun obradoiro práctico as ferramentas básicas para a elaboración de materiais audiovisuais que poidan dar apoio a ese activismo.

VIDEOREBELDÍA: Obradoiro de videocreación crítica.

– nº de horas formación audiovisual con Illa Bufarda: 9 horas.
– nº de horas de traballo autónomo / gravación e finalizar a edición: 4 horas.
– luns 11, 18 e 25 de maio; de 19 a 22h.
– grupo mínimo de 10 e máximo de 20 persoas.

Podedes consultar aquí toda a información que precises.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s