Resposta da APDR ao Presidente do Cómité de Empresa de ENCE

Co gallo da celebración do 1º de Maio, Pedro Soto, presidente do comité de empresa de ENCE-Pontevedra aproveita para reivindicar a permanencia da fábrica de pasta de papel no seu actual emprazamento máis alá do 2018; e non ten reparos en botar man da mentira para tratar de xustificar o inxustificábel. Empeza por afirmar o Sr. Soto que son 330 os traballadores directos na fábrica, un dato que non concorda co número de membros do comité de empresa (9) que corresponde a unha plantilla inferior a 250 traballadores.

Pretende reducir as razóns da oposición á presenza de ENCE en Lourizán ao incumprimento da normativa ambiental e nega calquera responsabilidade da empresa na contaminación da Ría. Basea estas afirmacións no feito de que se fan analíticas diarias e inspeccións e que desde a Unión Europea se teña aberto un expediente pola xestión das augas residuais urbanas.

Claro que contamina, Sr. Soto; e faino por riba dos límites fixados pola lexislación en materia de vertidos! O que pasa é que, ou ben descoñece Vde. a que chama a lexislación “augas residuais urbanas”, ou ben falta á verdade de forma intencionada. Na lexislación europea –e tamén na española e na galega- inclúense baixo esta denominación as augas de orixe doméstica e aquelas industriais que saen ao medio mesturadas con augas domésticas. É o caso das augas de vertido de ENCE, que saen á Ría xunto coas domésticas ao través do emisario submarino. E, sendo así, as augas de vertido de ENCE -que incumpren a normativa relativa ás augas residuais urbanas- teñen una evidente responsabilidade na contaminación da Ría que denuncian desde a Unión Europea. E os datos das analíticas e inspeccións ás que alude o Sr. Soto para xustificar as bondades de ENCE, confirman este incumprimento no que a materia orgánica e coliformes se refire.

Pero o Sr. Soto agacha unha realidade que é evidente; ENCE, ao longo dos 50 anos que leva na ría, ten destruído –e segue a destruír- máis postos de traballo dos que creou; e non só nos sectores que teñen na explotación racional da Ría, do monte e do turismo o seu medio de vida, senón tamén na propia empresa, na que pasou dos máis de 500 iniciais aos pouco máis de 200 actuais. ENCE é un claro exemplo dunha política industrial desenvolvida no franquismo e que ten fracasado absolutamente, por depredadora do medio e dos recursos naturais pero tamén porque non foi quen de crear a riqueza económica e os postos de traballo que prometía. Claro que ao Sr. Soto, que parece considerar que o único emprego digno é o da CELULOSA, pouco lle pode importar esta realidade; lonxe de loitar polo dereito ao traballo, loita polo dereito ao seu posto de traballo en ENCE, custe o que custe ao medio ambiente, á calidade de vida e ao traballo doutros sectores laborais tan dignos ou mais –e desde logo máis sustentábeis- que os de ENCE.

488105_484876698240854_602735060_n

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s