O Ministerio autoriza a fumigación masiva dos eucaliptos cun tóxico para as abellas

Fumigacions-NONEn 2014 a Xunta e a patronal pasteira conseguiron autorización do Ministerio de agricultura, alimentación e medio ambiente para experimentar a aplicación dun novo pesticida nos eucaliptais afectados polo gorgullo. Eran algunhas parcelas escollidas do N da Coruña e Lugo e S de Pontevedra. O principio activo ensaiado era o tau-fluvalinato, orixinalmente formulado para combater os pulgóns nos cultivos de horta e froiteiras.

Ao parecer, os experimentos deron o resultado agardado pola patronal pasteira e agora a Xunta solicitou ao Ministerio, que o autorizou, a fumigación masiva de milleiros de hectáreas de plantacións afectadas polo gonipterus. Trátase da totalidade das provincias da Coruña e Pontevedra e dos distritos forestais VI (A Mariña) e XI (O Ribeiro). O permiso expecpional para a aplicación do insecticida ten vixencia dende o 9 de abril ao 6 de agosto e nese tempo, os propietarios ou arrendatarios deberán solicitar o permiso para fumigar cunha antelación de 48 horas.

Circunstancias especiais e perigo imprevisíbel?

O Ministerio xustifica a excepcionalidade desta medida (fumigación cun veleno non específico para o gorgullo) en que concorren “circunstancias especiais” porque o gorgullo supón un “perigo imprevisíbel” non pode controlarse por outros “medios razonábeis”.

Dende ADEGA preguntámonos como é que a praga do gorgullo, que leva décadas afectando aos monocultivos de eucalipto, pode ser considerada como algo “excepcional” e “imprevisíbel”, cando ademais existen outros métodos de loita, tanto químicos como biolóxicos que xa amosaron a súa efectividade. Non será que a pasteira, ante a perspectiva de expander o seu negocio dos eucaliptos á biomasa, opta por unha “solución final” con resultados a curto prazo, sexan cais sexan as consecuencias para o medio?

Un potente biocida, nocivo para as abellas

No seu momento ADEGA advertira da toxicidade do tau-fluvalinato: É nocivo, irritante, bioacumulativo e altamente tóxico para a vida acuática.

No caso das abellas, existen publicacións e estudos que describen interaccións tóxicas nas colmeas en conxunción con outros produtos. Mesmo nalgunhas bases de datos internacionais sobre pesticidas (como a da Univ. de Hertfordshire) indícase que este composto por si só ten unha toxicidade “moderada” para as abellas.

ADEGA alerta ás comunidades de montes, propietarios/as forestais, apicultores/as,  labregos/as e veciñanza en xeral que desenvolvan a súa actividade ou moren preto de grandes masas de eucaliptos a estar atentos/as ante esta nova vaga de fumigacións tóxicas. Galiza non é o campo de experimentación da papeleira!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s