O CES considera urxente a posta en funcionamento dun plan de compostaxe de materia orgánica para levar a cabo no Salnés.

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) elaborou en abril un documento con propostas de xestión ambiental de ámbito municipal e distribuíno aos partidos políticos que se presenten ás eleccións de maio de 2015 nos concellos do Salnés.

Dentro deste documento, e a modo de medida urxente, o CES propón un cambio no modelo de xestión de residuos domésticos no Salnés. O actual, baseado principalmente na queima da maior parte dos residuos producidos no Salnés na planta de SOGAMA é un modelo contaminante e despilfarrador de materias primas. Polo contrario, o modelo das 3R (Reducción, Reutiización e Reciclaxe) recomendado pola Unión Europea e bandeira das politicas sostibles, é un modelo que aposta primeiramente por reducir o tamaño do lixo producido (minimizar os productos de usar e tirar…), reutilizar na medida do posible (botellas retornables…) e reciclar a materia prima dos residuos para evitar o despilfarro destes (petróleo, silicio, pasta de papel..) así como de auga e enerxía precisos para elaboralos.

Así o CES propón un cambio de modelo baseado na elaboración de campañas de compostaxe doméstica e comunitaria, especialmente en zonas rurais e a posta en marcha dunha planta comarcal para a compostaxe da fracción orgánica, baseándose no modelo da Planta do Barbanza. Isto complementaría a recollida selectiva das outras fraccións: papel, cristal, plásticos e latas, xa implantado nos concellos, con maior ou menor éxito.

Calquera modelo de xestión de residuos debe poñer o aceno na fracción de materia orgánica xerada nos fogares (restos de comida, xardinería,…) xa que se trata da fracción de maior peso que xeramos. A compostaxe, permite darlle unha nova vida a estes residuos, elaborando un abono que se pode empregar, sen problemas, nas nosas terras. Durante o proceso de elaboración do compost, as temperaturas acadadas durante a fermentación con osíxeno é garantía suficiente para a desaparición de patóxenos e tamén dos malos olores.

O actual modelo opta pola queima desta fracción (xunto con outras), que ademais de pouco eficiente debido ao alto grao de humidade que contén, non aproveita os nutrintes que posúe.

En Galicia temos xa experiencias exitosas de este modelo proposto, como o do Barbanza. Tamén na cidade de Pontevedra quérese implantar este modelo, o que representaría un impulso importantísimo na xestión sostible e racional dos residuos na nosa comunidade, polo que o CES considera que debe levarse a cabo pese ás críticas mal fundamentadas que está a sufrir por parte de partidos políticos que se denominan progresistas e que semellan movidas por intereses electoralistas. Que dende a capital de provincia se aposte por este modelo sería, sen dúbida, un motor de cambio para as comarcas colindantes como o Salnés.

O CES é consciente da importancia que xogan os Concellos no desenvolvemento de políticas que melloren a calidade ambiental e de vida dos cidadáns e opten polo modelo da sostibilidade. Por iso dende o CES invitamos a que os partidos políticos aposten pola compostaxe como bandeira das súas medidas para a xestión do lixo.

ces

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s