O Colectivo Matar Por Matar Non vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas dirixida á Xunta de Galiza para que garanta a seguridade dos Non cazadores nos viais galegos. Esta nova “modalidade deportiva” xa fora denunciada tamén polo Valedor do pobo, logo da petición realizada polo Colectivo, solicitando a Medio Ambiente a derogación da norma.
Informe do Valedor do Pobo; Conclusión:
Á vista do exposto, esta Institución, no exercicio da función atribuída no artigo 32.2 da lei autonómica 6/1984, formula á administración cinexética a seguinte RECOMENDACIÓN:
Debe desenvolverse pola vía normativa que estime procedente, o criterio interpretativo principal para considerar unha vía pública como zona de seguridade a efectos cinexéticos.
Asemade, semella oportuno impulsar o procedemento de declaración dun terreo como non cinexético para os efectos establecidos no artigo 37 da lei 13/2013, de caza de Galicia.”
Recollida de sinaturas en Change.org