Resultados da II Maratón na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Los SobadosO pasado sábado 16 de maio de 2015 celebrouse a II Maratón Ornitolóxica Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, organizada polo Grupo Naturalista Hábitat e a Reserva da Biosfera MCeTM, xunto con multitude de entidades colaboradoras. Esta actividade lúdica consistiu en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro de cada un dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e A Coruña, durante 12 horas.

.

En total participaron 14 equipos noutros tantos concellos diferentes, cun total de 46 observadores. O equipo gañador foi Los Sobados, no concello de Sobrado dos Monxes, composto por Ana San Segundo, Mar Caruncho e Javi F. Lodeiro como cabeza de equipo.

Os resultados finais foron moi notables, con 115 especies de aves vistas en total, das cales 61 víronse no concello con máis avistamentos, o de Oleiros, que foi o que levou o terceiro premio. No concello gañador, Sobrado dos Monxes, víronse 59 especies, pero ao ser algunhas delas exclusivas, déronlle máis puntos.

Logo_Habitat2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s