Centros de litros dun perigoso herbicida fumigados no casco histórico de Compostela

Fumig4-001

.

O produto empregado masivamente en Compostela pola empresa concesionaria para rozar a vexetación ten como principio activo o glifosato, cuxo nível de risco foi recentemente elevado pola OMS ao “2A, probabelmente canceríxeno para humanos”.

A delegación de Compostela de ADEGA vén de recibir continuos avisos e denuncias da veciñanza preocupada pola presenza de operarios (pertrechados de mono branco, luvas, máscara e sulfatadora), fumigando estradas e muros por todo o casco histórico de Compostela.

Beirarrúas, muros, fachadas, etc. na Quintana, Praza de Abastos, Rúa das Rodas, Virxe da Cerca, A Estila… foron fumigadas, mesmo en presenza de persoas e con risco de chuvia, con este perigoso produto para eliminar todo rastro de vexetación sobre as pedras centenarias.

Un herbicida considerado ´probabelmente canceríxeno´pola OMS

A Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC), dependente da OMS (Organización Mundial da Saúde) vén de elevar o risco canceríxeno do glifosato á categoría “2A-Probablemente canceríxeno para humanos”.

Ao abeiro dun recente estudo publicado na revista The Lancet sobre 5 coñecidos herbicidas e pesticidas, o glifosato amosou “evidencia limitada” de que pode producir linfoma no-Hodgkin en seres humanos, e probas “convincentes” de que pode causar cancro en animais de laboratorio.

A lexislación autoriza o uso do glifosato, xa que a UE non considera este produto perigoso, en grande medida pola presión do lobby dos agrotóxicos e transxénicos (Monsanto, Syngenta, Bayer…). Porén, o glifosato está catalogado como irritante de ollos e pel e tóxico para o medio acuático, estando o seu uso sometido a restriccións: Non debe aplicarse preto de cursos de auga ou fontes, tampouco en espazos frecuentados polo público como pistas deportivas, xardíns públicos, colexios e centros médicos. Débese ademais restrinxir o acceso peonil ás zonas fumigadas e evitar aplicalo con risco de chuvia ou con vento.

Para o concello de Compostela, non hai alternativas ao veleno

En resposta a varios requerimentos da veciñanza preocupada pola aplicación indiscriminada deste veleno nas prazas e rúas da cidade, a concelleira de “desenvolvemento urbano sustentábel” Teresa Gutiérrez, considerou “obligatorio” botar herbicida para que non medren as herbas xa que “la única alternativa a los fitosanitarios es no aplicar nada”.

Dende ADEGA preguntámonos como fan noutras vilas e cidades que teñen prohibido o uso de velenos na vía pública e controlan a vexetación por outros medios (calor, roza manual ou mecánica, materiais tapizantes…). Semella que para a concelleira, que non ve máis alternativa que a fumigación, o que lle importa é a cuestión estética: “Teniendo en cuenta el clima lluvioso de Santiago, el aspecto de la ciudad empeoraría bastante”. E que pasa coa saúde das persoas e do ambiente?

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s