Detéctanse posibles infraccións ambientais nunha obra de recheo no límite do LIC Gándaras de Budiño

Dentro do traballo medio ambiental que a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a Asociación Española de Herpetogía (AHE) e Verdegaia veñen desenrolando no espazo natural Gándaras de Budiño e Ribeiras do río Louro, as tres asociacións veñen de presentar un escrito común no que valoran como moi agresiva para o ecosistema a obra de recheo que se está realizando para a restauración dunha explotación mineira no límite do LIC Gándaras de Budiño (O Porriño).

LIC_Gándaras_-_escrito_28_Abril

Esta obra, que se realiza en solo catalogado como ‘Solo rústico de especial protección de espazos naturais’, debería ter como obxectivo devolver o terreo ás condicións iniciais pero verifícanse diversas actuacións que xeran dúbidas sobre a legalidade da obra:

  • a cota das terras verquidas na antiga barreira excede, na actualidade, a altura natural do terreo o que unido á inestabilidade do terreo e a que a obra se realiza no límite da pista que contorna o LIC, existe o risco dun esvaramento de terras sobre o propio LIC;
  • descoñécese a procedencia dos materiais empregados no recheo, polo que existe un risco elevado de presenza de elementos tóxicos;
  • as augas pluviais da zona de recheo van á zona baixa onde está o LIC e o río Louro, polo que existe risco de contaminación polos lixiviados dos residuos cos que se está a realizar o recheo.

Dado que o “LIC Gándaras de Budiño” pertence á Rede Natura 2000 da Unión Europea (código ES1140011) e que estas actuacións vulneran diversas normativas ambientais, como a Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade e a Directiva 2004/35/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 21 de abril de 2004, sobre responsabilidade medio ambiental en relación coa prevención e reparación de danos medioambientais, as tres asociacións solicitan ao Concello de O Porriño, á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e á Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Ordenación do territorio:

  • que se investigue e, no seu caso, de apreciarse que as actividades descritas puideran ser motivo de infraccións ou delito cara o medio ambiente, conforme á normativa ambiental vixente, se tomen as medidas sancionadoras oportunas e se obrigue á reparación dos danos provocados, coa finalidade de devolver o espazo á situación orixinal;
  • que se realice un seguimento adecuado por técnicos da Consellería do “Recheo para restauración da explotación mineira das Gándaras Nº 1297”;
  • que se investigue a afección dos lixiviados no LIC Gándaras de Budiño e no río Louro;
  • que se determine o risco dun escorregamento de terras sobre o LIC
  • copia do acordo e/ou autorización do Concello de O Porriño onde figuren os condicionantes da obra, período de valide e asinante da mesma;
  • que se identifique quen realizou a autorización administrativa para a execución das obras e se se axusta a dereito.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s