A APDR estrea en Pontevedra a película “Tesouro de Corcoesto”

logopequeO documental, que trata o conflito en torno á mina de ouro en Corcoesto exhibirase gratuitamente no salón de actos do IES Valle Inclán o martes 26 de maio ás 19,30h.

O Tesouro de Corcoesto é un documental de investigación, financiado por crowdfunding ou micromecenado (achegas económicas particulares a través dunha plataforma on-line), sobre o polémico proxecto de mina na comarca de Bergantiños unha iniciativa empresarial que contou inicialmente cun forte respaldo da Xunta de Galicia e co rexeitamento de boa parte da cidadanía, colocando a pequena localidade de Corcoesto no mapa mundial de conflitos ambientais.

Finalmente, o proxecto mineiro entrou en vía morta polas esixencias financeiras (non resoltas) da Xunta cara á empresa, sendo iso interpretado por moitos como un exemplo do éxito da resistencia popular á implantación de industrias contaminantes no territorio. Un éxito provisional, apuntan outros, pois o proxecto pode retomarse en calquera momento dado que o ouro segue aí e o sector extractivo está a vivir un momento de expansión en Europa e en Galicia, e novas licenzas de explotación saen á luz continuamente.

O feito de que o documental prestase atención, e boa parte da súa metraxe, á voz da cidadanía, e que obtivese tan boa resposta na súa campaña de micromecenado, con 180 colaboradores entre persoas e colectivos, devén nun proxecto moi participado, de corte moi social. Esta película forma parte da sección Creadoras Galegas de Imaxe, organizado polo Consello da Cultura Galega.

O Tesouro de Corcoesto iniciou en marzo un periplo de exhibición con pases gratuítos por salas de toda Galicia, chegando agora a Pontevedra de man da APDR este martes 26 de maio ás 19:30h. A proxección contará coa presentación e coloquio a cargo da súa directora, Cora Peña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s