O Grupo Ecoloxista ADENCO mostra a súa preocupación polos lumes forestais das últimas semanas

77168_NpAdvHoverA semana pasada un novo lume forestal arrasou con parte do monte da parroquia de Padróns. Este lume súmase aos acontecidos nas últimas semanas na Comarca do Condado nos que foron arrasadas centos de hectáreas por varios incendios forestais.

Desde a Asociación ecoloxista quérese transmitir a enorme preocupación pola vaga de lumes forestais das últimas semanas e polas terribles consecuencias ambientais que experimentaron as áreas afectadas. Os lumes forestais supoñen unha merma de biodiversidade, afectando ao solo fértil e a recursos tan relevantes como a auga.

ADENCO trasladou aos grupos políticos da Comarca iniciativas concretas para avanzar na sustentabilidade e na multifuncionalidade dos montes da Comarca e agarda que os novos gobernos municipais aposten por fomentar un cambio na xestión forestal dos montes dos concellos do Condado. O Grupo Ecoloxista lembra que os lumes destas semanas poden ser un anticipo dun verán que se prevé perigoso para os montes da Comarca. Neste senso, o Grupo Ecoloxista considera que para poder atallar a praga dos lumes forestais é preciso desenvolver un conxunto de accións concretas. Resulta necesario a realización de iniciativas que incrementen a sensibilización ambiental polo mantemento do monte e do Medio Ambiente en xeral, mais tamén é preciso un cambio profundo dos modelos de xestión do monte, substituíndo paulatinamente dos nosos montes os monocultivos forestais e as especies alóctonas e pirófitas de crecemento rápido, como o eucalipto, por especies autóctonas de frondosas como os carballos, os castiñeiros ou os bidueiros que poden exercer de cortalumes naturais, proporcionando madeira de calidade e mesmo froitos, fomentando tamén a biodiversidade natural.

No mesmo senso, para loitar contra os lumes forestais e incrementar a prevención dos mesmos, resulta fundamental avanzar na multifuncionalidade do monte, mediante a formación dos propietarios forestais e cunha aposta firme polas frondosas e a diversificación de cultivos, avanzando na posta en marcha de novos aproveitamentos sustentables como os micolóxicos, os apícolas, os da gandaría en extensivo, os vinculados cos froitos do bosque, as castañas, os agroturísticos e educativos, etc.

Un comentario en “O Grupo Ecoloxista ADENCO mostra a súa preocupación polos lumes forestais das últimas semanas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s