Tódolos anos o CES organiza unha excursión fora do comarca do Salnés e este ano decidiu visitar a comarca da outra beira da ría de Arousa.
A ruta fará fincapé no pasado mais antergo desta comarca e seguiremos os rastros que os primeiros poboadores desa comarca nos deixaron: arte nas pedras, enterramentos e casas.
Pola mañá realizarase unha parte da Ruta das Mámoas, dende o monte Iroite, un dos miradores das rías de Arousa e de Muros-Noia, ata a aldea da Granxa, paseando entre petroglifos e mámoas. Iremos da man de Tino Quintela, gran divulgador e defensor ambiental, e coñecedor do entorno.
Pola tarde visitarase o Centro arqueolóxico do Barbanza, en Boiro. Alí farase unha visita guiada á súa exposición e aos castros de Neixón, un dos mellor estudados de Galicia.
Para participar na excursión é preciso apuntarse, chamando ao CES (680580086) ou enviado os seus datos a cesalnes@yahoo.es.
O autobús fará paradas en diversos puntos do Salnés para recoller os participantes e partir das 21:15 dende Portonovo. Chegarase de volta ás 20:30h.
Os prezos da visita son: socios; 10€, non socios; 15€ e menores de 12 anos; 5€.
- Máis info: http://cesalnes.wordpress.com/