Comunicado de Vaipolorío

Hai anos que a Asociación Vaipolorio fixo señalizacións no sendeiro rural do río Gafos, coa intención de indicar o camiño a seguir, para aquelas persoas que puideran desviarse da senda que a Asociación ven coidando e mantendo para a cidadanía.

ponte da CondesaConviñeramos, daquela, facer as marcas estandar dos sendeiros de pequeno percorrido, pensando en homologar algún día, unha ruta de sendeirismo que levara o nome do río. As marcas en cuestión eran dúas raias horizontais superpostas de cor branca e amarela. Ian pintadas nos tocóns ou na corteza das árbores, sobre algúnha pedra asentada no camiño, paredes ou elementos que non emporcaran ou desvirtuaran outras idicacións. Non se chegou a facer nunca a tal senda homologada e o tempo foi borrando a maioría das marcas. Agora que O Concello de Pontevedra vaise facer cargo da figura de Espazo Natural de Interés Local,- ENIL- xa non ten sentido que a asociación Vaipolorío puxera señalizacións ou indicacións que contraveñan ou fagociten aquelas que a Autoridade decida poñer.

Apareceron recentemente unhas frechas de cor rosa fucsia, por esta zona do río. As veces no asfalto da carretera, árbores, ou mesmo en lousas das pontes de pedra.

Algún veciños ou camiñantes habituais da zona preguntaron si esa señalización fora posta por Vaipolorío; con diversidade de especulacións sobre a súa utilidade.

A asociación VAIPOLORIO quere desmentir esta posibilidade, ademáis de descoñecer o sentido e quén o puidera facer. Únicamente indicar que o río, como ben sabemos, é de todos. De todos depende o respeto e o coidado del.

En todo caso lamentar que se pinten as lousas dunha ponte, posto que son patrimonio de todos. O patrimonio non se debe alterar.  Si as frechas tiñan algún significado orientativo, dende Vaipolorio desexamos a quén as puidera pintar, que tome o rumbo debido, co que nestes casos se debe de obrar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s