Presentación do libro “En la espiral de la energía”

Achégase a fin dun mundo… a do mundo capitalista devorador da terra e das persoas. E agora que?

espiral_vigo-1025Pois agora é un bo momento para coñecer as propostas do ecoloxismo social. Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción) pasará por Compostela e Vigo para presentar En la espiral de la energía, un libro sobre a historia do planeta e da humanidade dende a perspectiva do consumo enerxético e material. Unha obra a dúas mans, comezada por Ramón Fernández Durán, que trata nos seus dous volumes sobre as formas de habitar o territorio, economías, sistemas políticos, tipos de traballo, demografía, loitas sociais, formas de relacionarse co entorno, etc. E analiza todo isto dende unha perspectiva histórica e metabólica, centrada nas interaccións de todos estes vectores e as súas consecuencias no plano enerxético, que está na base de todo sistema vivo.

Estamos nun momento de mudanzas radicais, no marco dun progresivo colapso do capitalismo industrial global e da súa civilización. Un tempo clave para construír sociedades máis xustas, democráticas e sostíbeis, e para iso coidamos que é esencial comprendermos mellor os elementos da historia da humanidade e os escenarios de futuro máis probábeis. Este libro é unha invitación ao diálogo colectivo para elaborar as estratexias e iniciativas emancipadoras necesarias. Por iso non todo van ser críticas: falaremos tamén de propostas de (re)construción social e política para un mundo sen petróleo -e sen outras moitas cousas.

As presentacións terán lugar nos seguintes espazos:

  • Compostela: salón de actos da Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos), o luns 15 de xuño ás 20h.
  • Vigo: local da cooperativa Árbore, rúa López Mora, 30, o martes 16 de xuño ás 19:30h. Neste caso colaboramos para esta presentación coa propia cooperativa Árbore, Lapsus, o GAS e a ODS de Coia.

verdegaia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s