Sábado 20 de xuño, marcha contra celulosas

Logo de 50 anos de destrución e desarranxo ambiental, ENCE ofrécenos o paraíso a cambio da permanencia en Lourizán máis alá do 2018; milleiros de postos de traballo, eliminación de cheiros e molestias, devolución da auga roubada ao Lérez, pago dos impostos en Pontevedra, fin da contaminación da Ría, creación de riqueza e benestar…

Pero xa é demasiado tarde e xa ninguén na comarca cre as mentiras dos directivos da fábrica de pasta de papel. Quen vai crer nestas promesas cando levan facendo todo o contrario ao longo da súa historia na Ría? Porque non o fixeron ata agora? Simplemente porque non o van facer nunca!

.

11538987_10153363981642389_3314357179974898429_oTEMOS RAZÓNS ABONDO PARA IR Á MARCHA:

Xa abonda de contaminar a Ría e o ar.
Os seus pestilentes cheiros e fumes teñen que abandonar as nosas vidas.
Impiden o saneamento da Ría e destrúen os recursos marisqueiros.
Hai que recuperar o banco de Os Praceres e as praias urbanas de Pontevedra.
Hai que protexer a illa de Tambo, o monte e o rural da comarca.
Coa saúde das persoas e co medio ambiente non se negocia.
Hai que rematar coa eucaliptización da Galiza e a proliferación de incendios.
É un delito fumigar Galiza con produtos tóxicos.
Destrúen o emprego no marisqueo, a pesca, o monte e o turismo.
Son un freo para a creación de emprego na comarca.
A Ría é unha fonte de riqueza, deporte e novas oportunidades.

A RÍA E NOSA E NON DA CELULOSA !!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s