Adega propón uns consellos para celebrar o Lume Novo sen queimar o ambiente

San-Xoan-CorunhaAlén de instar á veciñanza, comisións de festas e concellos para que teñan previsto medidas de seguridade nas cacharelas, coidando que a súa ubicación non xere riscos para as persoas e impactos no medio, non é menos importante ter en conta a enorme cantidade de refugallos que se produce esta noite, que con frecuencia rematan cubrindo praias, campos da festa e rúas. Unha correcta política de residuos debe estar primeiramente encamiñada a reducir o volume de lixo producido, e despois, a procurar unha axeitada xestión.

Consellos prácticos

-Acotar os espazos das celebracións sobre todo nas proximidades de espazos naturais como fragas, bosques, ríos ou contornas históricas ou monumentais. Evitaremos riscos de lumes, danos á fauna e flora sensíbel, ao patrimonio, e accidentes ás persoas.

-Evitar facer cacharelas en praias e dunas, especialmente en litorais protexidos ou de alto valor ecolóxico. Tede en conta que mesmo nunha praia urbana, por moi humanizada que pareza, pode albergar unha rica biodiversidade, mesmo especies ameazadas ou en periodo de cría, como a píllara das dunas.

-Ter previsto e sinalizado zonas de aparcamento e servizos hixiénicos, e se é posíbel, un posto de información permanentemente atendido. Para evitar problemas coa volta a casa podes achegarte andando ou en bici á cacharela máis próxima, sen esquecer o chaleque reflectante.

-Dispoñer sempre de protocolos, materiais e persoal responsábel de velar polo bo desenvolvemento da festa e con capacidade para previr situacións de risco e facer fronte aos pequenos accidentes que sempre se producen: queimaduras, pequenos lumes, caídas, intoxicacións…

-Para reducir o volume de refugallos xerados unha boa medida é usar recipientes (vasos, pratos) de barro ou louza, e garrafas de cristal retornábeis, que os clientes poden levar coa consumición pagando unha pequena fianza. Logo, ao retornalos, seralles devolta a fianza se non queren ficar con eles. Tentaremos evitar, na medida do posíbel, o uso de vaixelas de usar e tirar, e de ter que facelo, que sexan preferibelmente de papel/cartón e non de plástico.

-Debería haber suficientes contentores para a recollida selectiva dos refugallos, cando menos de orgánico, papel-cartón, vidro e envases lixeiros, e a recollida debería facerse logo de rematada a festa. Os refugallos estrados en carballeiras e praias durante días ou o lixo acumulado nos contentores sen recoller, degradan moitas paisaxes singulares e contaminan o ambiente.

A túa actitude é a chave

Lembra que evitar estes impactos tamén depende de ti, mudando os teus hábitos: se vas á praia, río ou monte non deixes o lixo ciscado. Ao final estes materiais, sobre todo os plásticos, rematan no medio ambiente. No mar, son unha das principais causas da contaminación mariña, e ao inxerilos os animais mariños, peixes ou aves causanlles a morte.

Desfruta da festa sen causar danos!! Recolle o teu lixo e anima aos teus veciñ@s, amig@s que fagan o mesmo!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s