ADENCO impulsa novas preguntas no Parlamento Europeo en relación coas sendas no LIC Río Tea

serviciodecorreo.esO Grupo Ecoloxista ADENCO ten impulsado novas actuacións relativas aos impactos provocados polas sendas realizadas e que afectaron dramaticamente ao Lugar de Importancia Comunitaria Río Tea. Concretamente, ADENCO vai impulsar a presentación de dúas novas preguntas en relación á senda do Tea. Unha sobre as actuacións da Comisión e outra en relación aos impactos no castro da Croa. O Grupo Ecoloxista xa ten impulsado nos últimos meses varias preguntas en relación con esta cuestión que tamén foron presentadas pola europarlamentaria Lidia Senra e nas que se preguntou sobre os impactos ocasionados polas sendas.

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten denunciado en distintos órganos administrativos as obras que se realizaron nas beiras do río Tea, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron aos hábitats que fixeron posible que este espazo forme parte da Rede Natura 2000. Nas denuncias presentadas polos ecoloxistas próbase que se realizaron unha serie de actuacións dentro do LIC Río Tea, con fondos europeos, que contradín os obxetivos previstos e para os que foron destinados eses fondos. Así, paradoxicamente, Europa contribúe, seguramente sen coñecelo, a destruír a Rede Natura 2000 con fondos comunitarios, fondos FEDER, destas obras que suman centos de miles de euros.

Adenco lembra que tamén se denunciou o procedemento administrativo, que está cheo de vicios, deficiencias e escurantismo, coa única finalidade de confundir e esquivar a normativa de avaliación de impacto ambiental. Ademais, o Grupo Ecoloxista denunciou os impactos nos elementos patrimoniais das sendas, nomeadamente a destrución de parte do ben arqueolóxico inventariado denominado castro da Croa, que ten experimentado graves afeccións. Desde ADENCO considérase clara a afección das sendas a hábitats protexidos dentro da Rede Natura 2000, algúns prioritarios, e a afección, evidente, a diferentes especies, animais e vexetais, algunhas en perigo de extinción e outras en clara recesión. Neste senso, as enormes cantidades de xabre que se teñen vertido ao río e o conseguinte, absurdo e inasumible gasto económico derivado do parcheo dos treitos da senda destruídos constitúen outra das irracionalidades deste proxecto.

ADENCO continuará reclamando a depuración de responsabilidades e a recuperación da ribeira e dos hábitats e especies danadas polas sendas no Lugar de Importancia Comunitaria río Tea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s