O Valedor do Pobo require por terceira vez información á Consellería sobre a destrución do castro da Croa

serviciodecorreo.esO Grupo Ecoloxista ADENCO ten solicitado perante o Valedor do Pobo a súa actuación ante a falta de resposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no tocante aos avances no expediente aberto pola Consellería a partir dos impactos provocados no castro da Croa polas obras da senda do Tea en outono do ano 2013. Nos últimos meses o Valedor ten solicitado á citada Consellería, trala petición do Grupo Ecoloxista ADENCO, o traslado da información requirida sobre os avances no expediente aberto pola Consellería. Agora, o Valedor volta a solicitar esta información xa por terceira vez, indicándolle á Consellería que no caso de persistir na súa actitude procederá a realizar unha advertencia sobre as súas consecuencias legais.

Desde o momento da destrución de parte do castro da Croa, ADENCO ten denunciado estas actuacións e realizado diferentes iniciativas para por en coñecemento das autoridades competentes as afeccións que ten padecido o elemento patrimonial, concretamente a destrución de parte dun parapeto defensivo e a retirada de xabre e terra con palas e outra maquinaria pesada dentro da área de protección integral.

Cómpre lembrar que o castro da Croa é un elemento patrimonial arqueolóxico de enorme interese catalogado con protección integral. Este elemento patrimonial, localizado no concello de Ponteareas na parroquia de Ribadetea, é un espectacular xacemento, non tanto polo seu recinto habitacional senón pola complexísima sucesión de parapetos e fosos cos que conta o que o converten nun elemento singular que pode servir para dinamizar economicamente a contorna.

ADENCO continuará reclamando a actuación da administración competente e a depuración de responsabilidades pola destrución de parte do singular sistema defensivo do xacemento e a retirada de importantes cantidades de terra do recinto castrexo do castro da Croa a partir das obras de realización da denominada senda do río Tea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s