Novo vertido nas Fragas do Eume

Punto_vertido_río_SesínVerdegaia aponse ao vertido no río Sesín, afluente do río Eume, das augas da depuradora de Gunxel, no Concello da Capela. Mentres que a zona e o cauce afectados por esta vertedura forman parte do parque natural Fragas do Eume, o que supón poñer en risco o hábitat de especies protexidas como Woodwardia radicans, as augas residuais proveñen de núcleos de poboación alleos ao propio espazo natural. De levarse adiante o proxecto, sería a segunda  modificación do punto de vertido realizado polo Concello da Capela sen contar cun estudo de impacto ambiental, un estudo completo de alternativas ou a posta en marcha de medidas correctoras no propio sistema de saneamento.

A EDAR de Gunxel, no termo municipal da Capela, está deseñada para o tratamento das augas residuais urbanas de 300 habitantes distribuidos en catro núcleos de poboación. Actualmente conta cun sistema insuficiente de evacuación das augas tratadas a través dun pozo de infiltración e unha gavia drenante nunha zona de monte que non é capaz de asumir a cantidade de agua resultante da estación depuradora, o que provoca que as augas terminen correndo ladeira abaixo e polos camiños do parque natural Fragas do Eume. Ademais, integrantes de Verdegaia puideron comprobar o mal olor desas augas en diferentes épocas do ano.

Este sistema de infiltración foi posto en marcha para substituir o inicial vertido directo das aguas da depuradora ao río Sesín nun tramo fluvial onde se conservan varios muíños e que o Concello da Capela está a promover como un itinerario para visitantes. Sen embargo, os responsables municipais non parecen ter reparo en devolver de novo o vertido ao río Sesín augas abaixo nunha zona menos visible que no tramo de muíños, despois dos malos resultados derivados do sistema de infiltración. Segundo a documentación que consta en Augas de Galicia, os problemas do Concello da Capela co vertido das aguas residuais da estación depuradora de Gunxel remóntanse a 2007. Sen embargo, en todo este tempo non se realizaron estudos completos de alternativas nin de impacto ambiental para coñecer con detalle a viabilidade das actuacións xa realizadas ou en proxecto.

O concello tampouco está a ter en conta que o verdadeiro problema atópase no sistema de saneamento, debido ao mantemento dunha rede unitaria onde se misturan augas fecais e pluviais. Isto supón que á EDAR de Gunxel chega un volume de agua inxustificado e variable que non só incrementa os custes de tratamento, senón que en épocas de sobrecarga por chuvias, a estación non pode tratar axeitadamente os contaminantes.

Segundo o Decreto 141/2012 , do 21 de xuño, polo que aproba o Regulamento marco do Servizo público de Saneamento e Depuración de augas residuais de Galicia,  as administracións deben encamiñar as súas accións á paulatina subtitución de redes unitarias por redes separativas, garantindo tamén a calidade das augas pluvias. Neste senso, o Concello da Capela continúa a demorar a solución dun problema ao manter a dilución dos contaminantes, primeiro no propio sistema de saneamento e finalmente no cauce do río Sesín, sen ter en conta citerios de eficiencia, aforro e preservación do medio natural.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s