ADENCO presenta perante o Comité de Peticións do Parlamento Europeo a problemática das sendas do Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten presentado nestes días, perante o Comité de Peticións do Parlamento Europeo, unha petición sobre a problemática da senda do Tea. Na Petición o Grupo Ecoloxista traslada ao organismo europeo o Informe sobre incumprimento do dereito comunitario en actuacións realizadas no Lugar de Importancia Comunitaria Río Tea, no que se explican e secuencializan de maneira pormenorizada os feitos susceptibles de incumprir o dereito comunitario. ADENCO solicítalle na petición ao Comité que requira información ao respecto e tome posición ante a problemática das sendas do Tea.

Esta iniciativa súmase ás frontes abertas por ADENCO en relación coas obras e os impactos da senda do Tea. Efectivamente, o Grupo Ecoloxista ADENCO ten denunciado en distintos órganos administrativos as obras que se realizaron nas beiras do río Tea, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron aos hábitats que fixeron posible que este espazo forme parte da Rede Natura 2000. Nas denuncias presentadas polos ecoloxistas próbase que se realizaron unha serie de actuacións dentro do LIC Río Tea, con fondos europeos, que contradín os obxectivos previstos e para os que foron destinados eses fondos. Así, paradoxicamente, Europa contribúe, seguramente sen coñecelo, a destruír a Rede Natura 2000 e elementos patrimoniais con fondos comunitarios, fondos FEDER, destas obras que suman centos de miles de euros. O Grupo Ecoloxista tamén ten denunciado os impactos ocasionados nos elementos patrimoniais das sendas, nomeadamente a destrución de parte do ben arqueolóxico inventariado denominado castro da Croa, que ten experimentado graves afeccións nun dos seus parapetos e na área de protección integral do ben patrimonial.

Desde ADENCO considérase clara á afección das sendas a hábitats protexidos dentro da Rede Natura 2000, algúns prioritarios, e a afección, evidente, a diferentes especies, animais e vexetais, algunhas en perigo de extinción e outras en clara recesión. Neste senso, as enormes cantidades de xabre que se teñen vertido ao río e o conseguinte, absurdo e inasumible, gasto económico derivado do parcheo dos treitos da senda destruídos constitúen outra das irracionalidades deste proxecto.

ADENCO continuará reclamando a depuración de responsabilidades e a recuperación da ribeira e dos hábitats e especies danadas polas sendas no Lugar de Importancia Comunitaria río Tea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s