A Xunta de Galicia resolve que as concesións mineiras de Corcoesto están caducadas, remata así unha loita popular cunha nova vitoria

O Grupo parlamentar  da Alternativa Galega de Esquerdas ( AGE) remata de comunicar á Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños que a Xunta de Galiza despois de estudar as alegacións presentadas por Mineira de Corcoesto ( Edgewater Exploration) e de desestimar o recurso de Edgewater contra a denegación do proxecto de explotación de ouro na mina de Corcoesto, proxecto mineiro que xerou unha fortísima contestación social non só na Galiza senón cunha moi importante repercusión internacional:

 A Xunta de Galiza ACORDOU DECLARAR A CADUCIDADE DAS CONCESIÓNS MINEIRAS DAS EXPLOTACIÓNS “Emilita, nº1221, “ Cidade de Landró” nº 1454 e “Cidade de Masma”, nº 1455, da titularidade de Mineira de Corcoesto SLU.

Estas explotacións constitúen o núcleo fulcral da pretendida mina a ceo aberto de Corcoesto, polo que ao decaer os dereitos mineiros (concedidos irregularmente e que foran denunciados pola veciñanza organizada na Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, así como por outras organizacións sociais) inviabilizan na práctica totalmente o proxecto mineiro de Corcoesto.

Por parte da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños queremos amosar a nosa satisfacción polos éxitos acadados nesta loita popular na defensa da nosa terra e do noso xeito de vida fronte aos intentos do novo colonialismo por destruír os nosos recursos e a nosa terra.

Non podemos esquecermos de agradecerlle a todas as persoas, colectivos sociais, concellos, partidos políticos, organizacións sindicais, ecoloxistas,…… que dende un primeiro momento puxéronse do lado da nosa loita conseguindo entre todos e todas parar esta barbarie.

Desde a Plataforma seguiremos con atención todos os posíbeis movementos que se poidan producir nun futuro porque somos conscientes que onde exista un recurso será obxecto da avaricia do capital máis destrutor ,que disfrazado de falsas promesas de prosperidade pode volver a intentar esta actividade coa complicidade da política subordinada a estes poderes económicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s