Xornadas sobre biodiversidade na RB_MCeTM: A biodiversidade en espazos agrogandeiros

Cartaz_XornadaCIAMO G.N.Hábitat, da man da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras (Xunta de Galicia), comprácese en comunicarvos a organización das:

“Xornadas sobre biodiversidade na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: A biodiversidade en espazos agrogandeiros” 


A xornada, prevista para o vindeiro luns 26 de outubro de 2015 en horario de 9:30 a 17:30 horas, está dirixida a:
– Traballadores, técnicos, profesionais e estudosos nos eidos agropecuario, forestal e ambiental.
– Técnicos e representantes das Administracións Públicas
– Público interesado

A asistencia é de balde, sendo imprescindible a inscrición previa segundo as especificacións mostradas no cartaz.

O obxectivo desta iniciativa é establecer un punto de encontro e debate sobre a relevancia dos sectores da agricultura e gandería na paisaxe galega, con especial fincapé á súa ligazón na conservación da diversidade biolóxica en función do uso, manexo e xestión do territorio. Nesta liña, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo supón un marco de traballo incomparable, dado o seu forte arraigamento agropecuario e o seu obxectivo por compatibilizar a mellora ambiental co desenvolvemento sostible, así como o fomento da educación e participación pública.

Diferentes expertos ofrecerán sendos relatorios, rematando a xornada cunha mesa redonda de debate e posterior visita ao contorno da finca do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

Nas seguintes ligazóns poderás descargar os arquivos correspondentes ao:
Programa da xornada
Cartaz da xornada

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s