Visita aos proxectos de compostaxe caseira e comunitaria de Monforte

WP_20151107_017O obxectivo deste proxecto e reducir os residuos que se recollen e se levan a SOGAMA ademais de facer participe a veciñanza na xestión dos residuos para promover a reciclaxe Na zona de Río Seco repartíronse 10 composteiros individuais. Polas características deste barrio todas as persoas teñen casa con finca ou xardín, por este motivo decidiuse entregar  un composteiro a cada persoa interesada. Agora 7 meses despois fixemos a ultima revisión e comprobamos ao abrir o composteiro pola parte inferior como xa temos unha capa de compost.

Na zona da Pinguela instalouse unha área de compostaxe comunitaria, é o método mais axeitado tendo en conta as características da zona. Son catro bloques de pisos rodeados dun parque.  Este composteiro comunitario, a día de hoxe está tratando os residuos orgánicos de aproximadamente 15 vivendas e a herba do parque. O composteiro está dividido en catro partes, ou catro caixas, empezouse a botar os restos orgánicos en dúas delas, unha vez cheas estas dúas caixas pecháronse e comezou o proceso nas outras dúas.

O sábado, o que fixemos foi abrir as primeiras caixas e puidemos comprobar como os residuos da vivenda máis a herba do parque xa se converteran en compost!!. Un fertilizante orgánico que pode ser usado no parque ou nas macetas das vivendas. Pechando así o ciclo da materia orgánica sen saír da Pinguela. A persoa encargada do parque colabora tamén con este proxecto encargándose de subministrar estruturante e aireando a masa de residuos cando é preciso, ademais de resolver dúbidas sobre a compostaxe as persoas que se incorporan novas ao proxecto. Nuns meses convocaremos a todas as persoas participantes, para cribar o compost e repartilo en sacas entre a veciñanza.

Podemos concluír que as persoas que participan nestes proxectos séntense orgullosas da labor que están a facer e supéranse todas as desconfianzas e medos infundados en torno a compostaxe.   Todas as persoas participantes neste proxecto saben como se xestionan os seus residuos, cómo separar para reciclar, que os residuos orgánicos pódense compostar na casa ou no parque, que é un proceso sinxelo que non produce cheiros e se obtén un abono estupendo para as plantas ou a horta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s