Continuamos celebrando o X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña

ayuntamiento-moana-13548779O vindeiro sábado 14 de novembro de 9:30 a 13:30 h. terá lugar a quinta actividade de celebración do X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña. Desta volta trátase dun roteiro ornitolóxico pola praia da Xunqueira, Moaña. A actividade será guiada polo monitor de ornitoloxía da asociación e a inscripción é obrigatoria (ver como inscribirse ó final deste texto).

Quedaremos na estación marítima de ría en Vigo ás 9:15 h. para coller o barco e navegar ata Moaña onde comezaremos a camiñar pola costa moañesa. Despois de disfrutar de aves como o gaivotón (Larus marinus), a gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) ou o carrán cristado (Thalasseus sandvicensis), colleremos o barco de volta ás 13 h. para estar sobre as 13:30 h. en Vigo de novo.

As actividades de celebración continuarán ó longo de todo o outono como podedes ver na listaxe que vén a continuación. Colgarase información en detalle de cada unha no noso blog: http//: fontainhavigo.blogspot.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s