ADENCO denuncia ante a Valedora do Pobo ao Concello de Ponteareas pola non contestación ás alegacións presentadas ao PXOM

O Grupo Ecoloxista Adenco presentou hai uns días unha denuncia ante a Valedora do Pobo de Galicia contra o Concello de Ponteareas, pola non contestación, desde hai máis de dous anos, das alegacións presentadas, en forma e prazo, ao documento polo que se aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello.

Como daquela, os ecoloxistas entenden que hai unha serie de motivos incorrixibles que fan necesaria a absoluta desestimación do documento e, despois das manifestacións dos diferentes partidos políticos, entenden que son o único colectivo que continúa defendendo a inviabilidade do documento, así como o seu tremendo impacto ambiental no territorio do Concello.

Por este motivo, por ser a Valedora do Pobo a instancia que debe defender os intereses da cidadanía cando as relacións coas administracións non decorren polo camiño establecido, ADENCO espera que nos próximos días a Valedora requira ao Concello a contestación, motivada, das alegacións presentadas.

Adenco resume as alegacións presentadas no seu día nestes puntos:

1.- Prevese un crecemento poboacional totalmente inxustificado. Segundo se desprende do documento en estudo, a previsión de crecemento poboacional que implica a previsión de zonas de crecemento e a construción de novos viais, interiores e circunvalacións, está totalmente errada e non se suxeita e ningún estudo de ningún organismo oficial. Así, nen o Instituto Nacional de Estadística, INE, nen o Instituto Galego de Estatística, IGE, aventuran un crecemento poboacional en Ponteareas. Todo ao contrario, as previsións futuras sobre o crecemento poboacional de Ponteareas son negativas, cunha pérdida de poboación real nos últimos anos. Cos datos que se poden consultar, os oficiais, non é precisa a previsión de zonas de crecemento que se contemplan no PXOM e os seus viais asociados. A isto sumámoslle que en Ponteareas hai actualmente 2288 vivendas baleiras.

2.- A rede de infraestruturas prevista en base a un inxustificado crecemento poboacional, irreal, afectaría gravemente aos espazos naturais do Concello máis destacados, os treitos máis próximos á vila dos ríos Tea e Uma, ambos espazos incluídos na Rede Natura 2000 polos seus importantes valores ambientais. A circunvalación e os viais de acceso ao pobo atravesarían os dous ríos e circularían polas beiras dun bosque de ribeira ben conservado, afectando tamén ao noso patrimonio físico.

3.- O PXOM esquece o noso patrimonio e, en xeral, nin cataloga os elementos patrimoniais máis visibles. Así, ao non constar catalogados, moitas das accións que se poderían limitar polo seu impacto patrimonial, non se fai. Ademais, esta información ocultóuselle tamén ás diferentes administracións, que elaboraron informes favorables a un documento que adoece de graves carencias.

Por último, ADENCO destaca que non foi convidado, pese a solicitalo por escrito, en ningunha das comisións de seguimento do Plan Xeral. Así, polo que se pode ler das manifestacións dos partidos políticos e do goberno de Ponteareas, están a realizarse modificacións do documento aprobado no seu día no pleno do Concello que non son de coñecemento público. Así, desde Adenco tamén se solicita a exposición pública das modificacións realizadas. Doutro xeito, a inseguridade xurídica sería manifesta. Habería persoas que poderían verse afectadas polas modificacións introducidas no documento que non o saberían e non terían posibilidade de presentar ningunha alegacións.

O Grupo Ecoloxista ADENCO espera que a Valedora do Pobo faga rectificar ao goberno de Ponteareas da súa intención: aprobar un documento urbanístico de importancia clave para o desenvolvemento de Ponteareas nos próximos anos sen coñecemento da cidadanía, que busque consenso social e pense no patrimonio natural e físico do Concello, que ten que ser conservado no documento que se aprobe, por encima de intereses partidistas e persoais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s