Mapa da diversidade biolóxica do Concello da Coruña

Imaxen Post

Dende o G.N.Hábitat comprácenos comunicarvos que a nosa entidade ven de ser escollida para a elaboración do Mapa da Diversidade Biolóxica do Concello da Coruña. Un proxecto co que se pretende ter unha “imaxe” detallada da biodiversidade presente no noso concello.

Os traballos, que serán desenvolvidos ao longo do 2016, contarán coa participación dun amplo número de colaboradores que compoñen o equipo técnico, responsable desta iniciativa. Para a consecución dos obxectivos previstos dividirase a cidade da Coruña na totalidade das cuadrículas UTM 1×1 km que abranguen a súa extensión, e nas que se farán os muestreos correspondentes obténdose datos xeorreferenciados das diferentes especies. Así mesmo, farase unha labor de recollida de datos históricos, o que fornecerá os resultados do propio proxecto.

Como xa sabedes, Hábitat leva moitos anos traballando polo estudo, conservación e divulgación do patrimonio natural da cidade da Coruña, poñendo en marcha multitude de iniciativas de carácter social en prol do coñecemento da biodiversidade presente no noso contorno, polo que en gran medida este “mapa” xa o levamos facendo dende fai moitos anos. É o que nos gusta, é polo que traballamos duro, e é a finalidade da nosa entidade.

Grazas a todos os que vides de sumarvos nesta iniciativa. Entre todos faremos que a Coruña teña unha boa ferramenta de coñecemento da súa flora e fauna.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s