ADENCO denuncia importantes impactos ambientais e malgasto de recursos públicos provocados polas sendas no río Tea

12525688_10205833160692579_3221254202385439336_o

O Grupo Ecoloxista ADENCO quere denunciar que nos últimos días, coas primeiras chuvias do ano, as sendas do Tea teñen provocado importantes afeccións ao LIC Río Tea. Así, tal e como se pode observar nas fotografías adxuntas, grandes cantidades de xabre teñen ido a parar directamente ao curso fluvial, coa grave afección que supón aos lugares de freza das especies piscícolas como o salmón, reo, etc; e afectando aos espazos de ribeira.

Por outra banda, tal e como tiña advertido ADENCO en repetidas ocasións, a localización das sendas moi perto do Río nas áreas inundables do espazo protexido provocou o destrozo das sendas. Numerosos tramos de madeira das sendas foron directamente esnaquizados polas enchentes, quedando nun estado de total inutilidade e rematando no curso fluvial, malgastándose moitos dos cartos públicos utilizados para a realización destas infraestruturas e afectando gravemente ao espazo protexido. Mesmo as pontes de madeira da área de Mondariz foron totalmente inutilizadas.

ADENCO ten enviado varios escritos aos organismos competentes, consellerías, confederación hidrográfica e aos concellos de Ponteareas e Mondariz esixindo a asunción de responsabilidades e solicitando a recuperación do espazo protexido LIC río Tea no lugar de continuar malgastando cartos nunha infraestrutura irracional e insostible.

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten denunciado en distintos órganos administrativos as obras que se realizaron nas beiras do río Tea, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e perxudicaron aos hábitats que fixeron posible que este espazo forme parte da Rede Natura 2000. Nas denuncias presentadas polos ecoloxistas próbase que se realizaron unha serie de actuacións dentro do LIC Río Tea, con fondos europeos, que contradín os obxetivos previstos e para os que foron destinados eses fondos. Así, paradoxicamente, Europa contribúe a destruír a Rede Natura 2000 con fondos comunitarios, fondos FEDER, destas obras que suman centos de miles de euros.

ADENCO continuará reclamando a asunción de responsabilidades e a recuperación da ribeira e dos hábitats e especies danadas polas sendas no Lugar de Importancia Comunitaria río Tea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s