Prórroga de 60 anos para ENCE: fraude democrática e burla ambiental

ENCE-fora-60O governo do PP vén de resolver a prórroga das actividades contaminantes da pasteira en Lourizán por outros 60 anos, até o 2073. É unha fraude democrática hipotecar a ría a ENCE cun governo en funcións e unha burla á cidadanía e ao ambiente.

Logo de que en 2013 a Xunta concedera a Autorización Ambientai Integrada (AAI) á pasteira, e logo da modificación partidista da Lei de Costas perpetrada polo Ministerio ese mesmo ano, ficou claro que para o PP a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra era algo vital. O dobre xogo e a impostura mantida polo PP neste asunto destapouse finalmente en novembro pasado cando Xunta enviou a Madrid o seu informe favorábel sobre a solicitude de prórroga.

Agora o governo de Rajoy en funcións remata a xogada concedendo a agardada prórroga, cecáis consciente da necesidade de máis retiros dourados (como os de Isabel Tocino e Caros Del Álamo) no consello de administración da pasteira. Este acto administrativo dun governo en funcións transcende o meramente “ordinario” e tampouco é “urxente”, agás para os intereses dos candidatos/as a pasar pola porta xiratoria. Viólase portanto o artigo 21 da Lei 50/1997 do Governo.

Eis unha razón de peso xa non só para denunciar publicamente a ilexitimidade desta prórroga, senón para impugnar o acto administrativo nos tribunais e mesmo solicitar á Fiscalía que investigue as presuntas responsabilidade penais -prevaricación- derivadas deste acto ilegal cometido a mantenta.

ADEGA avaliará cos colectivos sociais e políticos as eventuais accións de resposta a este flagrante atropelo, mais está nas mans do governo xurdido das pasadas eleccións enmendar en boa medida as corruptelas a chafallada administrativa cometidas polo executivo saínte. A derrogación da prórroga da Lei de Costas por unha banda, o cumprimento das resolucións do Supremo que insta ao Ministerio a abrir expediente de caducidade da concesión dalgunhas instalacións estratéxicas da pasteira en Lourizán, xunto coa revisión da polémica prórroga, aínda poderían amargarlle a festa a ENCE e evitar a definitiva morte da ría de Pontevedra.

Está por ver cal podería ser o custo para o erario público desta prórroga ilegal e fraudulenta, habida conta de que coa concesión na man e supoñendo unha futura revogación administrativa e/ou xudicial, ENCE podería reclamar fortes indemnizacións por lucro cesante. Daquela, canto valería unha ría para un governo “de progreso”? Para o PP semella claro: o mesmo que mantenza dos seus “ex”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s