Atentado Ecolóxico na Serra da Groba

IMG-20160116-WA0001O nacemento do río de Mougás é unha das zonas de maior valor ecolóxico da serra da Groba. A Proposta de ampliación da Rede Natura 2000 publicada no ano 2012 pola Xunta de Galicia (a pesar de ser insuficiente) incluía este humidal. Mais en pleno proceso de tramitación (e concluído o período de exposición pública) a Xunta anunciou por sorpresa que a extensión da Rede de protección europea en Galiza deixaba de ser prioritaria para a Administración galega.

Sobre os solos turbosos deste espazo natural desenvólvense dúas comunidades vexetais que están consideradas como “prioritarias” pola lexislación comunitaria: os cervunais (código 6230) e as carrasqueiras húmidas atlánticas (código 4020). Ademais de formacións de turbeira e outros hábitats incluídos na Directiva 42/93/CE.

Pois ben: a pesar de todo isto a Comunidade de Montes de Mougás executou unha repoboación forestal sobre o humidal e sobre as carrasqueiras secas que o rodean, coas especies Pinus pinaster e Fraxinus angustifolia (incapaz de medrar en solos destas características). Moitos freixos (máis de 700) quedaron abandonados dentro das bandexas sobre a propia braña. A plantación está pechada, impedindo a entrada dos cabalos salvaxes aos pastos húmidos, encerrando ademais un cauce natural (o curso alto do río Mougás). O subsolado realizado en liña de máxma pendente supón unha ameaza para a conservación deste hábitat, pois de feito as escorrentías xa labraron sulcos que poden drenar e secar o humidal.

Aquí, máis fotos do terreo

verdegaia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s