Plataformas e organizacións europeas contra a contaminación electromagnética dan un paso moi importante na coordinación e organización contra esta problemática

O encontro de Bruxelas do derradeiro 12 de xaneiro, patrocinado pola eurodeputada francesa dos Verdes/ALE Michèle Rivasi, contou coa participación de representantes de organizacións de 10 países europeos (*) implicadas na loita contra a contaminación electromagnética, e a presenza de Bernardo Hernández Bataller, en calidade de representante da sección especializada TEN do Comité Económico e Social Europeo (CESE).

Nunha reunión previa pola mañá as asociacións valoraron as numerosas adhesións en 25 países ao Manifesto Europeo de apoio a unha futura ICE por unha regulación proteccionista á exposición aos campos electromagnéticos, na liña proposta pola Resolución 1815 da Asemblea parlamentaria do CONSELLO DE EUROPA, por parte de científicos, expertos, asociacións profesionais (como o Colexio de Biólogos de Galicia) e organizacións sociais do ámbito veciñal, ecoloxista (como a Confederación de Ecoloxistas en Acción, ADEGA e a propia APDR), de consumidores, de nais e pais, de defensa da saúde, de persoas afectadas por síndromes de sensibilización central (como a fibromialxia, a sensibilidade química, a electrosensibilidade, a fatiga crónica, etc.). Tamén se presentaron os documentos proteccionistas claves desenvolvidos durante 2015 (o chamamento Internacional de alerta de científicos que estudan no ámbito dos campos electromagnéticos, o ditame proteccionista sobre hipersensibilidade electromagnética da sección TEN do CESE, e as Directrices europeas de actuación en campos electromagnéticos da Academia Europea de Medicina ambiental).

Pola tarde no parlamento europeo, apostouse por elaborar un texto dunha ICE que avogue por reducir a exposición aos campos electromagnéticos e aborde o tema da electrosensibilidade, baseándose principalmente nas recomendacións da Resolución 1815 do CONSELLO DE EUROPA de 2011 para realizar os cambios legais e educativos necesarios para minimizar a exposición aos campos electromagnéticos (diminución dos límites de exposición, escolas con conexión a internet por cable en vez de Wi-Fi, campañas de información e educación sobre os riscos e mellores prácticas para reducir a exposición) e adoptar medidas apropiadas para protexer ás persoas electrosensíbeis (incluídas as “zonas brancas” libres de contaminación electromagnética). Bernardo Hernández Bataller, en calidade de representante da sección especializada TEN do CESE, expuxo o ditame aprobado en dita sección deste órgano consultivo o 7 de xaneiro de 2015 aconsellando o recoñecemento integral da EHS e a posta en práctica das medidas proteccionistas enriba mencionadas, algunhas delas xa recollidas no Plan de rescate para as persoas afectadas por síndromes de sensibilización central aprobado recentemente no Pleno do Concello de Tarragona. A eurodeputada francesa Michèl Rivasi informou dalgunhas medidas proteccionistas aplicables en Francia coa Lei Abeille aprobada en 2015, como declarar zonas libres de Wi-Fi as gardarías e outros espazos para menores de 3 anos, e o recoñecemento a nivel xudicial da electrohipersensibilidade como discapacidade funcional.

Desde a APDR e o grupo de coordinación da PECCEM, saudamos que se abra de novo o debate dunha posíbel Iniciativa Cidadá Europea por unha regulación proteccionista á exposición aos campos electromagnéticos que inste aos estados adoptar as recomendacións expostas na Resolución 1815 da APCE, ata agora ignoradas sistematicamente no estado español malia as resolucións dos Parlamentos Vasco e Navarro, ou as recomendacións do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia a favor de aplicar dita resolución, así como das alertas de científicos, expertos e investigadores de Universidades e centros hospitalarios públicos de diferentes comunidades autónomas (Andalucía, Castela e León, Cataluña, Madrid, País Vasco, Valencia, … ou a Dra. Elena López Martin na propia Universidade de Santiago de Compostela) apoiadas por organizacións sociais en numerosos ámbitos.

12540833_491608287631016_5181536669481146740_nXulio Carmona, coordinador da APDR no Grupo de coordinación da PECCEM
(*) Ademais da PECCEM polo estado español: Alemaña (Diagnose: funk e Elektrosensible und Mobilfunkgeschädigte e.V.), Bélxica (Beperk de Straling), Francia (Robin des Toits y Coordination nationale des collectifs contre les antennes relais), Irlanda (Irish Electromagnetic Radiation Victims Network), Suecia (Strålskyddsstiftelsen), Italia (AMICA e Associazione Italiana elettrosensibili), Polonia (Fundacja “Instytut Badań Elektromagnetycznych Im. Jamesa Clerka Maxwella”), Portugal (Blog: electrohipersensibilidade e poluição electromagnética, Reino Unido (IEMFA).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s