ADEGA e a Consellería de Medio Ambiente renovan o convenio do Proxecto Ríos

Sinatura_Convenio_PR_2016A presidenta de ADEGA e Coordinadora do proxecto, Virginia Rodríguez, asinou o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos, coa Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.

Na actualidade, o Proxecto Ríos conta con 322 grupos de voluntarios/as que supoñen a participación de máis de 3.500 persoas no estudo e conservación dos ríos. Este convenio permitirá desenvolver actividades de capacitación do voluntariado fundamentais para acadar unha participación activa da cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Son 12 anos xa de traballo continuo, ao longo de tres lexislaturas e con governos de moi distinta cor política, o que avala o valor e o interese deste proxecto colectivo de custodia fluvial, que pretende unir ríos e persoas.

Ligazóns

Deixar un comentario