Comunicado da Plataforma ContraMINAcción polo incendio forestal no Monte Veciñal de Froxán, Lousame

fotonoticia_20140729092327_1280

Que hai detrás do lume?

Un incendio intencionado arrasou máis de 9 hectáreas do Monte Veciñal en man Común de Froxán, en Lousame, situado sobre unha concesión mineira.

Co apoio da sociedade, a política da terra queimada terá sempre as de perder fronte á defensa da terra e comunidades fortes, cohesionadas nas súas xustas reivindicacións.

Manexo do monte veciñal, a resposta a moitas necesidades

A Comunidade Veciñal de Froxán desenvolveu durante as últimas décadas un lento traballo de restauración curando as fondas feridas que máis dun século de voráxine mineira pola extracción do wolfram e estaño deixaron sobre o seu territorio: deforestación, contaminación fluvial, pozos mineiros abertos, e montañas de residuos. Nesta fin de semana alguén quixo destruír parte dese esforzo. A reintrodución de especies autóctonas fronte á eucaliptización masiva do territorio é unha das accións que vén desenvolvendo a comunidade e constitúe un mecanismo efectivo de protección contra os lumes.

Conflito de intereses

Ainda que houvo incendios no pasado, esta é a primeira vez que un incendio é provocado intencionalmente no monte de Froxán. A veciñanza estima que o incendio aconteceu “procurando facer o máximo dano posíbel a través da escolla do punto e das condicións ambientais máis indicadas para levar o lume cara á aldea e cara a unha recente reforestación con bidueiro, completada a semana pasada”.

Este feito, que consideran un atentado, non responde a conflitos entre comunidades ou entre veciños, nin tampouco a calquera interese directo pola acción do lume sobre o terreo. En realidade, só pode ser clasificado como terrorismo ambiental, pois o seu obxectivo último e único é sementar o medo e a impotencia procurando parar os esforzos de defensa do monte comunitario fronte aos que o atacan.

Solidariedade e vixilancia de ContraMINAcción

Como máis vale previr, a Plataforma ContraMINAción transmite a súa máis firme condena á destrución ambiental perpetrada este domingo no monte da Comunidade de Froxán. ContraMINAción expresa o seu apoio e solidaridade coa Comunidade de Froxán e activa os seus mecanismos de vixilancia ambiental. Diferentes actividades e accións de resposta xa se puxeron en marcha.

Este ataque tamén mostra a capacidade de resposta rápida e acción unitaria da comunidade evitando, xunto coa acción determinada dos servizos de extinción, que o lume producise o dano que procurara. Desde a comunidade procedeuse tamén á denuncia dos feitos, que están penados coa indemnización dos custos de extinción e danos causados e 5 anos de cárcere, e xa está en marcha unha investigación, paralela ás accións de autoorganización da comunidade, para que non volva pasar.

“Os coletivos que formamos ContraMINAción facemos ademais un apelo para incrementar este apoio, e poñémonos mans á obra para colaborar na rexeneración inmediata do territorio atacado con especies autóctonas. É a nosa forma de dar unha resposta firme a este covarde ataque ás comunidades veciñais e contra o ecosistema, veñan de onde veñan”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s