As administracións que non amaban ás nosas árbores

1Oliveira-tala

A tolerancia desmedida dalgunhas administracións coa expansión do eucalipto contrasta co desleixo pola protección das nosas árbores senlleiras. A última desfeita tivo como vítimas as oliveiras tricentenarias de Ponte Ledesma (Boqueixón).

As árbores medran xunto á igrexa do lugar de Ponte Ledesma, e dise que foron plantadas cando se acabou de construir a capela, alá polo 1735. A veciñanza comenta que foi un agasallo de comerciantes de aceite que traían o seu ouro líquido dende a zona de Ourense cara Compostela cruzando o Ulla pola ponte romana de 9 arcos. Son dunha raza autóctona, a “Raza Brava Galega” que estivo ao borde da extinción e que actualmente está en vías de recuperación.

Estas oliveiras acompañaron a vida e a morte de moitas xeracións de veciños de Ponte Ledesma sen que houbese problema algún… até hai uns días.

Unha desastrosa poda polas bravas dalguén a quen “molestaba” a sombra das árbores !? foi completada polo persoal do concello para “homoxeneizar” o perfil, co lamentábel resultado que podedes ver nas fotos.

No seu momento, a Xunta tamén rexeitara a iniciativa veciñal de incluir ás árbores no Catálogo das Árbores Senlleiras, porque ao parecer, non daban a talla.

Resulta lamentábel que a Xunta primeiro e o concello de Boqueixón despois fagan ouvidos xordos ás demandas da cidadanía de protexer as nosas árbores e formacións máis senlleiras. Cantas veces acontece que é a veciñanza quen reclama a protección dun espazo ou elemento natural?

Por desgraza, casos como as oliveiras de Ponte Ledesma, exemplos de desleixo institucional e falta de sensibilidade polo coidado deste patrimonio, non faltan: o ameneiral de Sarria, a fraga de Casas Vellas, a carballaira de Anllares, o eucalipto de Maná…

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s