ADENCO impulsa e participa na creación da Coordinadora Estatal contra as Macroincineradoras de Biomasa

A xornada realizada en Valladolid o pasado día 7 de maio e na que o Grupo Ecoloxista ADENCO tivo un papel activo, xa deu os seus froitos. Un resultado directo deste encontro é a creación da Coordinadora Estatal contra as Macroincineradoras de Biomasa e outras formas insostibles de bioenerxía, impulsada por Ecologistas en Acción e o propio Grupo Ecoloxista ADENCO. Esta coordinadora terá como obxectivo visibilizar e fortalecer loitas cidadás como as existentes en Aragón, Canarias ou no Condado, así como impulsar o aproveitamento sostible da biomasa como ferramenta clave para a soberanía enerxética e alimentaria. Deste xeito, a creación da Coordinadora Estatal contra as Macroincineradoras emerxe como un elemento relevante para establecer sinerxías entre as diferentes loitas existentes no ámbito do Estado.

No encontro de Valladolid púxese o foco sobre os perigos derivados do fomento dos cultivos enerxéticos forestais no territorio galego e noutros lugares do Estado. Para estes cultivos empréganse especies, moitas delas invasoras, de crecemento rápido e cuns turnos de corta reducidos e un manexo intensivo con agroquímicos que terían un importante impacto no monte galego e peninsular.

ADENCO oponse ao proxecto de macroincineradora e propón un modelo sustentable de xestión do monte

Desde ADENCO quérese lembrar que a macroincineradora non ten garantidas as 320 toneladas diarias de biomasa necesaria para o seu funcionamento, polo que precisaría de importantes cantidades de cultivos enerxéticos.

O Grupo Ecoloxista ADENCO continuará coa campaña informativa sobre o proxecto de planta de xeración eléctrica a partir incineración de biomasa forestal en Mondariz, no lugar da Lagoa, informando dos impactos que tería a planta e animando á veciñaza a alegar contra o proxecto. Do mesmo xeito, continuarase a informar sobre as alternativas existentes na xestión da biomasa que poderían crear emprego no Condado sen causar impactos na veciñanza nin nos montes da Comarca e cun investimento moito menor. Desde ADENCO proponse un modelo de xestión multifuncional do monte onde o respecto polo Medio ambiente e o uso social adquiran relevancia e no que a biomasa poida ser utilizada para iniciativas económicas sustentables como a introdución de gando en extensivo para o control do mato ou a compostaxe da biomasa, actividades realizadas de xeito tradicional na nosa Comarca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s